O desprazamento masivo de poboación cara ás cidades ao longo do século XX repercutiu na creba da transmisión da música e do baile tradicionais. Mulleres como as homenaxeadas no DÃa das Letras deixaron, nese novo contexto, de cantar e de innovar dentro das formas populares que recibiran. Como resultado disto, atopamos unha tradición que quedou en boa medida fosilizada nun momento histórico previo. Analizamos a pegada das cidades na música tradicional nunha serie de dúas reportaxes.
O pasado 5 de outubro o músico e investigador da tradición Richi Casás guiaba o roteiro Da cidade á aldea. Unha historia das cantareiras na Coruña. Nesta actividade, organizada pola Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega percorrÃa diferentes espazos da cidade a partir da experiencia vital da súa avoa Rosa Casás, unha das cantareiras homenaxeadas este ano pola Real Academia no DÃa das Letras Galegas. No mesmo "falei do que pasaba con esas cantareiras cando chegaban as cidades". O fenómeno migratorio xeralizado que se deu ao longo do século XX situou no contexto urbano a unha enorme cantidade de persoas que tiñan no canto e no baile tradicional unha forma arraigada de socialización. "A miña avoa Rosa emigrou ao Reino Unido e a SuÃza e despois veu vivir á Coruña. E na cidade non cantaba". Similar experiencia, aÃnda que non tan inserida no contorno urbano, foi a de Eva Castiñeiras, outra das homenaxeadas pola RAG co DÃa das Letras deste ano. "Veu desde MuxÃa ao barrio de San Pedro de Visma, que daquela aÃnda era unha aldea", lembra Casás. "Era unha rareza, descubriuna por casualidade unha discográfica e acabou gravando un disco. Como ela, tiña que haber moitas máis cantareiras restrinxidas a ámbitos familiares ou moi concretos".
Cantareiras na cidade
Con peripecias vitais semellantes, o proxecto Entre todas. Nomeando as mestras cantareiras recolle entre as súas biografÃas os datos de mulleres como Elena Alonso, cantareira de Toutón (Mondariz) que pasou a maior parte da súa vida na cidade de Pontevedra como responsable do coñecido bar Carabel. MarÃa Vidal foi unha das responsables do disco As cantigas de Elena, publicado en 2018, que recupera unha selección de temas do repertorio tradicional de Alonso en colaboración con Pichi Abollado e Pipo Alvariño. Tamén se pode atopar no web deste proxecto a Erminda Miramontes, habitante do barrio compostelán das Casas Novas. "O seu repertorio fÃxose famoso da man de LeilÃa, cuxas fundadoras tiveron moito contacto con ela e ata a incluÃron no seu primeiro disco", explica o investigador Alejandro MartÃnez MÃguez, autor da entrada sobre ela neste proxecto. Non entanto, e malia ao que seu coñecemento chegounos da man destas investigacións, case ningunha destas mulleres, como outras tantas, mantivo o costume de cantar en público nos espazos urbanos.
A pegada do silencio nas cantigas
O silencio desta época tivo un importante impacto nas cantigas tradicionais que chegaron a nós. "No repertorio vemos que as temáticas das cantigas quedou conxelada nos anos 60. As que se recolleron nos 70 e os 80 continúan a falar de ir ao muÃño ou cocer o pan", explica Casás. "Deixaron de se facer novos temas e non se actualizaron como fixeran ata o momento. Temos cantigas que falan de pandeiretas e outras máis antigas que falan de pandeiros, que eran instrumentos máis comúns antes. As letras recolleron a mudanza dos alimentos que chegaron de América, como o millo e as patacas. Ata hai cantigas que falan do tren, que chegou no século XIX. Pero ningunha reflicte o cambio da vida que se deu a partir dos 60. Non hai cantigas a falar dos coches, da radio, da televisión ou da luz eléctrica. A xente que Ãa ás cidades non elaboraba cantigas sobre estas vivencias e as que nos chegaron quedaron conxeladas nese momento. Ningunha fala de kiwis ou de hamburguesas ou de pizzas, non incorporaron as novas vivencias e quedaron fosilizadas".
A destrución do contexto
En xeral, todas estas mulleres abandonaron a súa actividade musical e de baile co traslado ao contexto urbano. Segundo lembra Casás, o da música tradicional "é un fenómeno que pertence ao rural, ás aldeas ás pequenas vilas, cando menos ao longo do século XX. Antes si que habÃa nas cidades, pero a partir dese momento as festas facÃanse arredor de acordeonistas, bandas, orquestras, orquestrinas e outros fenómenos. Na xeración de Rosa e Adolfina, e ata os anos 60, acabados os traballos, nas casas labregas habÃa microeventos nos que a xente gozada da danza, da música e da poesÃa nas cociñas, a cargo de persoas analfabetas, en aldeas onde non habÃa luz eléctrica nin televisión, radio ou xornais. A xente mantiña o acervo de música e danza que transmitiran xeracións anteriores e mesmo creaban cousas novas". Nas cidades "desapareceu a vida comunitaria das aldeas, que era o caldo de cultivo no que se creaba esa música, e mudou por comunidades artificiais coma os sindicatos, as comunidades de veciños ou as parroquias, que non xeraban a cultura da antiga comunidade".
O silencio dos edificios
Desaparecido ese contexto comunitario logo da migración, "nas cidades non se cantaba nin bailaba nas casas. PodÃa ser por non lle facer ruÃdos aos veciños nos pisos, en edificios de seis ou sete andares como no que vivÃa Rosa", lembra Casás. "Pero tampouco se facÃa porque estaba mal visto todo o que viña da aldea, xa fose cantar e en galego ou tocar a pandeireta ou música tradicional". Canda a eles, "a xeración que naceu despois da guerra, que eu chamo Xeración Túnel, recibiu ese coñecemento. SabÃan cantar, bailar, cocer o pan, andar co gando ou cultivar a terra, pero cando Ãan á cidade deixaban a lingua, mudaban a roupa e non consideraban que o cantar fose aceptable. Crearon unha cultura urbana propia, pasaron de vivir nas casas cos clans familiares a pisos de veciños onde habÃa familias de diferentes orixes. Todas viñan da aldea pero ocultaban esa orixe nas manifestacións públicas. Ao se trasladar á cidade a xente entrou nun personaxe no que non cadraba o tradicional. Disfrazáronse e inventaron unha cultura na que prosperaron".
Coincide con el MarÃa Vidal, a sinalar que estas mulleres "na cidade viviron moitos prexuÃzos contra todo o que tiña que ver coa tradición e coa lingua, e isto tamén as facÃa remisas a amosar o que sabÃan". Ao igual que A Coruña, Pontevedra non se revelou como un espazo propicio de cara ao desenvolvemento e a transmisión da tradición. "Naqueles anos non habÃa nada na cidade, e agora segue sen haber moita cousa. O lugar da tradición e da música tradicional son as aldeas, unha vez que se leva á cidade perde algo do sentido que tiña", explica Alonso. MartÃnez á súa vez, recoñece que "aÃnda que polas súas caracterÃsticas Santiago non fose un espazo agresivo para esta cultura, tampouco lle era propia. TransmitÃase pola idiosincrasia da xente das aldeas, que ás veces é difÃcil de entender no contorno urbano", apunta.
Cantos domésticos
O caso de Elena Alonso amosa claramente como na cidade o espazo para a música se restrinxÃa ao doméstico, cando menos para as mulleres. "Ela cantaba todo o dÃa, sen a pandeireta, mentres cociñaba e limpaba no bar e cando traballaba na casa. Cantaba as cousas que aprendera da súa nai e das súas tÃas de Toutón", apunta MarÃa Vidal sobre esta cantareira de Pontevedra. É de destacar o feito de que, tal e como recolle a ficha que lle dedica o proxecto Entre Todas, mantivo toques e xeitos máis antigos que os doutras cantareiras que quedaron na aldea, que evolucionaron ao longo dos anos. Apoia esta idea Alejandro MartÃnez, quen sinala que "se á muller lle gusta, vai cantar o mesmo na súa casa da zona vella de Santiago que na aldea. É certo que o canto pasa a se restrinxir a unha contorna máis doméstica, pero iso tamén aconteceu no rural. Perdeuse o de cantar todos xuntos, aÃnda que coñezo casos soltos onde si se mantivo".
Os silencios das aldeas
Precisamente, fronte ao silenciamento que supuxo a cidade para moitas das voces desta tradición, MartÃnez defende que este ámbito tivo a súa importancia para a conservación da mesma. "Non se adoita reparar isto, pero houbo contornos urbanos nos que perviviu máis que nos rurais. Hai que pensar que houbo un momento no que se crebou esta transmisión oral de cantigas, lendas ou o bailar ao solto, as fillas non aprenderon ou non practicaron o que facÃan as súas nais. Pero isto aconteceu á par tanto no rural como na cidade. Resulta rechamante esta perda de comunicación interxeracional no contorno non urbano, pero aconteceu". Coincide en sinalar esta mudanza Casás, a lembrar que "Adolfina, a miña madriña" tamén homenaxeada pola RAG, "sempre viviu na aldea da Igrexa, en Cerceda. Pero só cando Rosa amañou a casa e foi de novo para a aldea, nos anos 90, volveu cantar". MartÃnez recoñece que o proceso de desaparición das tradicións non foi totalmente parello nos dous casos "houbo costumes que nalgunhas aldeas se mantiveron aÃnda durante uns anos, como podÃan ser as fogueiras de San Xoán ou o bendicir as leiras. Pero no estritamente musical non vexo moitas diferenzas" entre rural e urbano.
Resistencias tradicionais
Malia ao cambio que supuxo a cidade para toda esta poboación migrante, a negación da identidade aldeá non era completa neste contexto. Segundo recoñece Casás "o que si se permitÃa nas cidades era o caldo, esa receta que xa se faia nos castros". Canda a ese elemento gastronómico, unhas poucas tradicións rurais foron permeando aquela nova cultura urbana. "O Entroido da Coruña é unha manifestación de cultura urbana creada por xente que viña das aldeas. En todas habÃa algún tipo de Entroido, todos moi diferentes entre si. Na cidade, xa na ditadura, fÃxose un sincretismo deses entroidos, sen unha figura tradicional fóra do choqueiro, que realmente pode ser calquera persoa que saia na festa. A xente seguiuse xuntando a facer as súas coplas, moitas en castelán e con patróns que non corresponden á creación da nosa música tradicional. Tamén viñan desa cultura outras festas como o DÃa do Carme, o Nadal ou o San Xoán, que colleu moita importancia". No caso de Pontevedra, tamén o Entroido continúa ser unha festa vencellada á tradición coas coplas satÃricas. A isto súmase o pulo que teñen os Maios na cidade. "Hai moitÃsima afección e participan moitos colexios e asociacións", a miúdo chegados de parroquias rurais do concello. "É unha tradición que perdura tal como era e ten o seu espazo, pero é algo xa urbano, non se trasladou desde a aldea", lembra Vidal.
A música nas marxes
Malia ao silencio que predominou no contexto urbano ao longo de boa parte do século XX para a tradición "nas cidades sempre hai recunchos e marxes onde está a maxia", apunta Casás. Encol deses espazos marxinais onde se puido manter a tradición musical tradicional nas cidades, MartÃnez lembra o caso de Santiago "que pode ser similar ao de Pontevedra, por seren cidades pequenas nas que o rural ten moito peso". Na capital galega "cando baixaban á feira de gando ou á praza, os homes Ãan despois aos bares, e era moi común que moitos cantasen nas tabernas. Na rúa da Algalia de Arriba, por exemplo estaba a Casa da Porcona, xusto ao carón do antigo local de Cantigas e Agarimos, e alà coincidÃan membros do coro con homes que viñan desde as aldeas que e xa sabÃan que alà Ãan atopar xente e cantaban todos xuntos. Tamén habÃa gaiteiros do rural que visitaban a cidade, como José de Mariano, de Grixoa, ou Mallou, das Casas Novas, que percorrÃa todos os bares da zona vella coa gaita ao lombo a tocar".
Foliadas no autobús
A reparar nestes espazos, o investigador apunta que "cando imos recoller polas aldeas ás veces cometemos o erro de preguntar cando remataron as foliadas, porque consideramos que eran os únicos espazos para a transmisión desta cultura. Pero cando remataron as foliadas, continuou por outras vÃas". Nese sentido apunta que "un caso moi simpático era o das veciñas da Peregrina, en Santiago, que ata hai como 10 anos cando Ãan de excusión a Zaragoza e sitios semellantes co cura da parroquia, levaban as pandeiretas no autobús e Ãan cantando todo o camiño. Eu teño ido de pequeno e acababas coa cabeza coma un bombo". De xeito similar, Casás lembra que "Rosa cando nos anos 80 Ãa de excursión ao Grove ou a Ribadeo, atopábase con outras mulleres e Ãan a cantar no bus". Tamén dentro dos espazos máis privados continuaba a transmisión destes saberes. "Erminda tiña preto da súa casa unha amiga de MuxÃa coa que saÃa pasear. Algunha vez que fun falar con ela ensinábame unha cantiga que á súa vez aprendera desa amiga", explica MartÃnez. Canda a isto, "nas residencias e centros de dÃa, tanto de contornas rurais como, sobre todo, urbanas, conflúe moita xente que vivÃa no rural. Alà pódense facer recollidas impresionantes", advirte.
Para alén destes espazos marxinais, a situación da música tradicional nas cidades mudou moito ao longo das últimas décadas, ata o punto de se converteren en bastións fundamentais para transmisión deste patrimonio. Abordaremos esta cuestión na segunda parte desta reportaxe.