Cando falamos de cancioneiros, adoitamos pensar nun corpus de cantigas que se transmiten entre xeracións. Non entanto, o xeito no que chega a nós ese legado está condicionado por toda unha serie de persoas coas súas relacións, preferencias persoais e biografÃas. A pór o foco na importancia desas pegadas, o proxecto Entre Todas afonda nas peculiaridades vitais das portadoras deste patrimonio ao tempo que reivindica o seu carácter comunal.
A dedicatoria do DÃa das Letras ás cantareiras puxo sobre a mesa a problemática de recoñecer as portadoras dun patrimonio común como é o da tradición oral. Para alén do carácter colectivo destas manifestacións culturais, o feito de seren mulleres que non se dedicaban de xeito profesional ao canto nin á música contribuÃu a que moitos nomes destas persoas non se chegasen a coñecer. Coa intención de pór de relevo esa problemática e, ao tempo, de remediar en certa medida a situación, naceu o proxecto Entre todas. MarÃa Vidal Solla (compiladora, mestra e intérprete de música de raÃz) e a iniciativa Andar cos Tempos (Ana GarcÃa, Carme Campo e Chus Caramés) están detrás desta proposta, coa que "queremos, entre todas, celebrar, visibilizar e contribuÃr a manter vivo o legado de todas esas mulleres transmisoras das cantigas que hoxe seguimos a cantar", explica a presentación do proxecto. Con este fin desenvolveron o pasado mes de febreiro un chamamento para que as persoas interesadas achegasen perfÃs biográficos e gravacións sonoras ou en vÃdeo de mulleres que dalgún xeito contribuÃsen na transmisión dese patrimonio. "Existen e existiron no paÃs pandeireteiros, algo que desde Andar cos tempos reivindicamos desde os nosos comezos, para non asociar instrumentos a xéneros determinados, mais neste proxecto quixemos pór o foco, o protagonismo en feminino, nas mestras cantareiras que tanto peso teñen na creación e transmisión desta parte da oralidade", lembran as coordinadoras. Desde aquela, e ata finais do mes de maio, compilaron unha corentena de perfÃs de mulleres que cantan, tocan ou fan as dúas cousas. Desde o pasado 18 de maio están dispoñibles no web Andar cos tempos os primeiros resultados da iniciativa.
Tempos, instrumentos e territorios
Entre todas ten a peculiaridade de que combina rexistros recentes de portadoras aÃnda vivas con gravacións relativamente máis antigas que ata o momento estaban nos arquivos das persoas que as compilaran. As promotoras do proxecto recoñecen que se dan "casos curiosos que rachan con esa idea de que xa non se pode recoller. Por exemplo, a recolla máis antiga que temos é de 1987 a unha informante que naceu no 1944". Non entanto, "tamén temos recollas feitas en 2014 a mulleres nadas nos anos 20 do S.XX por recompiladores que en 1987 aÃnda non naceran". Con isto, a proposta achega unha singular ollada á situación recente do patrimonio sonoro tradicional, e faino a repasar as biografÃas das súas protagonistas, a atender aos instrumentos que empregaron e empregan, ao xeito no que aprenderon, ás variedades de cantigas e de toques que conservan ou mesmo ao seu carácter como creadoras de novas melodÃas e letras. AÃnda que a pandeireta aparece como instrumento máis habitual, non faltan rexistros nos que refiren tocadoras de pandeira, como MarÃa López González, ou referencias a cunchas, legóns e mesmo pratos, cestos ou latas, que aparecen en diferentes casos como elementos utilizados para a aprendizaxe. A ficha de Carmen Sendón, de Mazaricos, recolle como "cando Ãan muxir as vacas usaban a canada (recipiente de lata cun coador usado para muxir) para tocar: desgraciadamente, non se puido gravar porque xa non hai ningunha". Hai casos de multiinstrumentistas como Digna Vilanova, gravada en Pontecaldelas en 1988, que tanto tocaba "a pandeireta como o sacho para cantar as añas, cunchas, botella de anÃs ou prato con dedais". A nivel territorial, "temos nomeamentos de todas as provincias, incluso de zonas galegofalantes que fican fora das fronteiras administrativas, algo que tamén dá variedade no xeito de tocar e nos instrumentos usados". As biografÃas recollidas dan conta de traslados de residencia, migracións ao Reino Unido, Francia, SuÃza ou Euskadi, ou ocupacións. Destacan casos como o de Lola Adán, que aÃnda reside no PaÃs Vasco, ou o de Elena Alonso, que malia a vivir en Pontevedra boa parte da súa vida, a rexentar o coñecido bar Carabela, conservaron os repertorios que aprenderan nas súas aldeas.
Os corpos do corpus
A atención a esas particulariedades supón o principal risco distintivo deste proxecto que tira o foco do corpus de cantigas cara ás portadoras e achega unha información que non está presente nos cancioneiros clásicos. Deste xeito, en casos como os de Rosa Abella e Nélida Osorio, dos Ancares, explÃcasenos que "o seu repertorio é moi extenso e comprende bailes soltos, como o corrido, a mulineira, a xota, o bienparao, os pollos, o chao e a dulzaina; e agarrados, como o pasodobre, a rumba e o tango. Este repertorio é compartido en gran parte con Nélida Osorio, aÃnda que esta só lembraba vagamente os corridos, os pollos, o bienparao ou a dulzaina, que Rosa lembraba con precisión, e en cambio Rosa lembraba moito menos os agarrados. Tamén gustaba moito dos romances, aÃnda que sempre dicÃa que eran longuÃsimos e preferÃa cantar coa pandeira". As dúas mulleres, falecidas unha en 2024 e a outra e 2023 "pasaron xuntas moito tempo e moitas tardes de contar, cantar e tocar, tamén con moitas persoas que tivemos a sorte de coñecelas". Aparece deste xeito tamén o contexto no que se desenvolvÃa a práctica musical. Os casos de cantareiras que durante longos perÃodos das súas vidas tocaban acompañadas dalgunha amiga repÃtese en varios nos testemuños recollidos A estas súmanse outras que cantaban soas ou a acompañar os seus traballos cotiáns, e aÃnda que escasas, hai tamén referencias ás que participaban en seráns e foliadas, como Nélida RodÃguez, Digna Vilanova, Pilar Turnes ou Carmen Sendón, de quen se apunta que "en Arcos facÃanse todos os domingos foliadas: se chovÃa facÃanse dentro dunha corte e, se non, fóra; alà aprendeu a tocar a pandeireta, mirando o que facÃan as demais. Cando se esfollaba o millo adoitaban botarse cantareas coas do lugar do lado, meténdose as unhas coas outras. Tamén aprendÃa cantareas das compañeiras da costura, que eran de distintos lugares da Picota".
Variedades da tradición
Mans abertas e fechadas, pandeiretas de diferentes tamaños, riscados ou non riscadosÂ… as variedades de toques, ritmos e cantos que aparecen nesta corentena de retratos revelan un patrimonio complexo. O foco posto nas protagonistas amosa tamén a diversidade que adquiren os toques e os repertorios, e o xeito no que estes están vencellados á historia e cada transmisora. Deste xeito, no canto de pór de relevo o que de común hai en todo este patrimonio, aparecen singularidades que lle poñen corpo, nome e biografÃa aos cantos e ás técnicas que nos chegan. "O Patrimonio Cultural Inmaterial é un patrimonio vivo e como tal, non se axusta a marcos fechados e con ese proxecto quixemos ensinalo, asà podemos observar mulleres que tocan con aspectos técnicos diferentes do que consideramos habituais na súa comarca mais que aÃnda asà tiñan o seu oco nas festas, ou mulleres que non tocaban pero si cantaban e improvisaban", explican as responsables da iniciativa. "Hai bastante diversidade e é algo que pensamos que nutre o proxecto. As nomeadas que temos até o momento naceron entre a década dos 20 até a década dos 50, 30 anos de diferencia dunha época histórica moi convulsa e cambiante. Non todas as nomeadas tocan a pandeireta nin o fan do mesmo xeito aÃnda que observamos algo que reforza a idea do comunal e é que, nalgúns casos, cambiaban o seu xeito de tocar para axeitarse ao xeito das compañeiras que lles acompañaban nas ruadas".
Singularidade e innovación
De Felisa Caballeiro, por exemplo, dÃsenos que "tocaba a man cambiada a pesar de ser destra, pois asà tocaba súa madriña, de quen aprendeu. Este feito facÃa que tivese un xeito particular de tocar a muiñeira, acentuando o segundo peto ao estilo muiñeira vella, sen chegar a ser tal; nunca tocaba a muiñeira doutro xeito". Por mor disto, "tocaba soa, porque non daba cadrado o seu xeito con outra persoa". A definir o seu estilo, a ficha explica que "os cambios eran de tres petos (dobrados). O pateado era de catro, con cambios de catro petos (dobrados). Cantaba con bastante ornamentación vocal, e introducÃa aturuxos moi a miúdo. Só tocaba pandeireta". O texto sobre a cantareira salienta ademais a súa consciencia de transmisora dun patrimonio colectivo. "Tiña un repertorio melódico dos máis abundantes da zona, sinalando, ademais, quen eran as persoas das que aprendera unha melodÃa ou outra". Canda a isto, "tiña un repertorio popular moi amplo, pois mostraba unha gran capacidade memorÃstica. É destacable tamén o seu grao de improvisación: facÃa modificacións nas coplas continuamente, para dicir o que querÃa, e creaba cántigas novas tanto in situ como na casa, para levalas preparadas aos lugares onde Ãa". Coma ela, varias das protagonistas deste proxecto creaban novas letras e melodÃas a partir das formas tradicionais, habitualmente a falar de persoas ou lugares próximos. Encol destas cuestións, as coordinadoras da iniciativa sinalan que "tamén quixemos pór o foco non só nos aspectos técnicos, senón tamén nos contidos do que a cada mestra lle gusta cantar e improvisar, con maior ou menor retranca, para dinamizar o baile ou para contar historias a modo de romances ou parrafeos".
Cuestión de gustos
Asà como hai casos en que se salienta a fidelidade á recreación dun corpus de cantigas aprendido, tamén aparecen sinalados factores que determinan o xeito no que este se transmite. De Elena Alonso, de Toutón (Mondariz), apúntase que "aprendeu a tocar e a cantar en Toutón e nunca mudou o seu xeito natural; é máis, moitas das súas veciñas (unha xeración máis novas) evolucionaron no tocar, mais Elena conservou un xeito ou técnica de cantar moi antigo e o tocar das máis vellas". Con ela aparece tamén un condicionante particular que amosa como pode mudar a transmisión das cantigas segundo as persoas. "Gustaba das cantigas de temática amorosa (amor e desamor); preferÃa o elegante, o 'bonito' e romántico, fronte ao pÃcaro. A iso habÃa que engadirlle o carácter melancólico do seu cantar. Era habitual nela escoitar cantigas que falaran da súa aldea, o seu grande amor sempre". Outra mostra das pegadas que pode deixar unha persoa no que transmite é o caso da compostelá Erminda Miramontes, de quen se recolle que "malia que o habitual na bisbarra santiaguesa son a muiñeira riscada e o pateado longo (de 9 toques), ela adoitaba tocar a muiñeira sen riscar e o pateado curto, froito, entre outras cousas, do seu gusto persoal e das influencias que definiran o seu tocar".
As mudanzas do legado
As diferentes cronoloxÃas dos testemuños recollidos permiten tamén comprobar evolucións nas maneiras e nos repertorios das protagonistas do proxecto. AsÃ, parte das persoas que colaboraron en Entre todas "volveron gravar, na segunda quincena do XXI, aquelas informantes que xa foran recollidas nos anos 80 do XX, e se escoitamos con atención ou puideramos comparar ambas recollidas, atopariamos matices que nos mostran o paso do tempo e os cambios que, inevitabelmente, transforman as persoas". Deste xeito, a se empregar con outros materiais, o proxecto facilita unha ollada diacrónica ao noso patrimonio. "Non podemos obviar que as informantes ás que lles recollemos tamén foron incorporando aquilo que os seus tempos lles achegaron, polo que seguir recollendo desde esta óptica mostra a viveza do noso patrimonio. E é que o Patrimonio Cultural Inmaterial, para ser asà entendido e definido, ten de estar vivo asà que, mentres estea vivo, podemos e debemos seguir recolléndoo e estudándoo, para poder seguir transmitÃndoo, e dicir, reproducÃndoo e adaptándoo aos nosos tempos, tal e como fixeron e fan as nosas mestras cantareiras".
A persoas que compilan
Aos nomes das protagonistas da iniciativa, o proxecto suma o recoñecemento das persoas que realizan as recollidas e rexistran este patrimonio. AsÃ, a proposta preséntase como unha "iniciativa colectiva, construÃda pola comunidade, para honrar un patrimonio colectivo que tamén ten nomes propios: en primeiro lugar, os nomes das cantareiras a quen queremos homenaxear hoxe e sempre, facilitando o acceso ao que nos transmitiron en vida; por outro lado, os nomes das persoas que atesouran toda a información que elas transmitiron, grazas á súa dedicación e traballo". Segundo lembra desde a coordinación da iniciativa, "a poesÃa oral atravésanos a todas, por iso quixemos abrir o proxecto a todas as persoas que agariman este patrimonio, ben porque o investigan, ben porque o difunden, ou ben porque teñen unha familiar, amiga ou veciña que lles marcou a través dos seus cantos". Na listaxe compilada ata o de agora "colaboraron perfÃs diversos de xeito individual mais tamén de xeito colectivo, pois houbo nomeamentos feitos por varias persoas que se xuntaron para participar e incluso de asociacións culturais. Participaron desde persoas que levan anos recompilando e difundindo a través de aulas o Patrimonio Cultural Inmaterial, até persoas máis novas que levan desde xa entrado o século XXI facéndoo ou xente que fixo recollidas ex profeso para colaborar nesta iniciativa". Persoas que traballan desde a etnomusicoloxÃa, mestras de música do ensino regrado ou veciñanza das protagonistas participaron tamén no proxecto, o que dá pé tamén a unha grande variedade nos contidos presentes en cada unha das fichas.
Unha ferramenta de análise
A coordinadoras apuntan a este respecto que "temos clara a intención de compartir a maior información posible, pois parecÃanos de interese que as persoas que participasen nomeando puideran comparar a información que elas e eles apuntaran, coa información que outras persoas tiñan", e advirten que "unha recollida é un momento concreto das vidas das informantes, non son fontes primarias e están condicionadas polas circunstancias persoais e temporais de quen participan, ou polas expectativas da persoa que recolle. Deste xeito, tendo en conta que o proxecto está escrito en terceira persoa (pois non son as protagonistas quen se definen) podÃamos ter varias olladas sobre unha mesma informante que compuxera un cadro máis plural e diverso da mesma, mostrando tamén os intereses das persoas recompiladoras"
Presentación e futuro
Para alén dos contidos no web, Entre todas tivo unha primeira presentación pública o pasado 7 de xuño nos Encontros de Música Tradicional de Carboeiro, onde se puido ver unha exposición a compilar os contidos colleitados ata o momento e onde se lle rendeu unha homenaxe a Celsa e Josefa de Zobra, cantareiras que están presentes no proxecto e habituais da cita. Alén desa data, a intención é continuar a recibir nomes e arquivos da tradición oral ao longo do que resta de 2025 para, no remate do ano, transferir todo o material ao Arquivo do Patrimonio Oral e da Identidade do Museo do Pobo Galego, onde ficará a disposición das persoas interesadas. A partir de entón, será esa entidade a que custodia estes testemuños. "Auguramos un futuro vivo para o legado das cantareiras que forman parte do Entre Todas, grazas a que todas as persoas que o desexen, poderán escoitar estas recollas e seguir aprendendo delas, para reproducilas ou transformalas seguindo a súa vontade e facendo que a nosa PoesÃa oral continúe transmitÃndose mil primaveras máis", conclúen as promotoras do proxecto.