Noemí Núñez expón pintura e cerámica na Galería Solaina

Con 'Perdendo a forma humana' a artista explora o íntimo, onírico e fantástico

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Noemí Núñez expón pintura e cerámica na Galería Solaina

A artista lucense Noemí Núñez (1987) propón a través da pintura e a cerámica na mostra 'Perdendo a forma humana', un percorrido por un universo habitado por criaturas reais ou imaxinarias, personaxes enmascaradas e seres ficticios sorprendidos en momentos de intimidade. A Galería Solaina de Lugo (Rúa do camiño real, 88) acolle ata o 30 de xullo esta exposición que reúne unha selección de obras que exploran o imaxinario íntimo, onírico e fantástico da artista.

A obra de Núñez constrúese a partir do autorretrato como punto de partida, desde onde a artista presenta un proceso pictórico por capas que transforma o rostro nunha nova identidade desligada da súa forma orixinal. A meirande parte da súa obra é pictórica, cunha forte presencia do xestual e o intuitivo, onde a cor, a mancha e o volume fúndense para construír presencias inquietantes e atmosferas densas. O seu traballo combina figuración e abstracción, dando lugar a paisaxes internas marcadas pola emoción, a fantasía, o amor, a morte e o disfrace.

Que che parece esta nova?
119 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Pasen e vexan

Pasen e vexan

Unha exposición achégase á intimidade cotiá e doméstica dunha artista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Lugo, Identidade, Morte...

Claves

Lugares