Pasen e vexan

Unha exposición achégase á intimidade cotiá e doméstica dunha artista

22/2/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
16 lecturas | Compartido 0 veces

Foi a proposta máis valorada polo público que participou na edición de 2009 do Roteiro de Creación. María Meijide abriu as portas do seu dormitorio para achegar o seu espazo máis íntimo. Trinta pezas de diferente formato (de lenzos a obras de pequeno tamaño) que achegan a paisaxe persoal da vida cotiá e doméstica desta artista. Foi a exposición gañadora da “Operación Frechazo 09”, iniciativa encadrada do Roteiro de Creación Contemporánea na que o público puntuaba. A mostra, que leva o título de “Lisboa e outros assuntos de cama”, poderase visitar ata o 10 de marzo na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Universo culturagalega.gal

28/05/2009

Arte de portas abertas

O Roteiro de Creación cumpre tres anos enchendo as rúas con iniciativas artísticas

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares