A Deputación de Pontevedra abre ao público este sábado 29 de xullo no Palacete das Mendoza, sede de Turismo RÃas Baixas, a exposición "F. Carballa con barro", na que se mostra o traballo coa porcelana e o barro do artista pontevedrés Fernando Carballa. Nela, e a través de ambos materiais, o creador amosa mediante diversas representación de cabezas a súa predilección pola figura humana, sempre presente nas súas mostras. A exposición de Fernando Carballo atrapa ás persoas visitantes nun mundo simbólico e conceptual moi propio do autor. Baséase na imaxinación e nos elementos conceptuais fronte á natureza e, desta maneira, o artista ofrece un periplo marcado pola preocupación que lle suscita a forma como elemento para crear un diálogo coa materia.
Fernando Carballa é un artista pontevedrés licenciado pola Facultade de Belas Artes de Madrid. Ten recibido formación complementaria na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, no taller de Brita Prinz en Madrid e na Escola Municipal de Artes e Oficias de Vigo, entre outras. A súa mostra en Pontevedra, que abre as portas este sábado 29 de xullo, poderá visitarase ata o 13 de agosto na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, en horario de 9:00 a 21:00 horas de luns a venres e de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas os sábados e festivos.