O 20 de xaneiro de 2025 o Museo Provincial de Lugo ingresou, por doazón en legado testamentario de Xoán Anllo Vázquez (Cospeito, 1936-Madrid,2023), unha colección de pezas de Belas Artes, Artes Decorativas e Etnografía procedentes de diversas zonas xeográficas de Europa, Asia e América. Con motivo da incorporación destes bens, e no marco do programa 'Coleccionismo e museos' que o MPL está a desenvolver en 2025, organízase esta exposición, que estará a disposición do público ata o 30 de novembro. A exposición a exposición "Legado Xoán Anllo. O compromiso dun coleccionista", instalada na Sala de Exposicións Temporais, inclúe pezas decorativas procedentes de Asia, África ou América e obras de arte contemporánea europea, entre as que destacan, pezas de Joan Miró, Antoni Tapies ou Susana Solano e dos galegos Jorge Castillo ou Antón Lamazares. Trátase dunha escolma do legado e doazóns do coleccionista.