Tirso Cons presenta a súa BD Invierno eterno

O proxecto, publicado en España por Panini Cómics, sitúa os superheroes de DC nun mundo de fantasía medieval

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Tirso Cons presenta a súa BD Invierno eterno

A libraría Paz de Pontevedra acolle este 29 de agosto a primeira presentación a nivel estatal de Los caballeros oscuros de acero. Invierno eterno. O debuxante Tirso Cons dá a coñecer na súa cidade natal este proxecto, que publicou en España Panini Cómics no final do pasado mes de xullo.

O volume de 224 páxinas compila os seis primeiros números desta saga que reimaxina os superheroes do universo DC nun reino de fantasía medieval no que o inverno nunca remata e na que Cons pon debuxos a un guión de Jay Kristoff.

A obra foi publicada orixinalmente en Estados Unidos da man da propia editorial DC, coa que o autor pontevedrés ten asinado un contrato de exclusividade e para a que realiza múltiples portadas e diferentes traballos.

Que che parece esta nova?
152 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Guión, Estados Unidos

Claves

Conceptos