O debuxante Xermánico continúa a súa carreira en Estados Unidos

Actualmente está a se publicar en España a súa colaboración na serie Injustice de DC Cómics

| Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:
Páxina de Xermánico para Injustice ano III

Páxina de Xermánico para Injustice ano III

Aínda que levabamos tempo sen saber del, o debuxante galego Xermánico, orixinario da Guarda, está a continuar unha intensa carreira de colaboracións coa industria estadounidense da banda deseñada. Así, na actualidade a editora española ECC Cómics está a publicar, no marco da serie Injustice. Gods among us varios dos seus últimos traballos para DC Cómics. Xermánico ten participado como debuxante, entintador e acabador en diferentes números desta colección ambientada nun universo no que os superhéroes están enfrontados entre si.

Deste xeito, podemos atopar a súa sinatura en números como o 13, o 27 ou os anuais desta serie, xa dispoñibles en castelán, así como en entregas do Ano IV xa publicadas en Estados Unidos. Para a mesma editora tamén asinou cinco números da serie dixital Vampire Diaries. Canda a estes traballos, o debuxante ten realizado portadas para editoras comor Titan Book, IDW ou Boom Studios e BDs promocionais para DC Cómics entre outros traballos. O autor confirma que está na actualidade a traballar nun novo proxecto para unha editora independente.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Estados Unidos, Banda deseñada, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)