O debuxante vigués Alex Cal publica en Estados Unidos a serie “North Wind”

Cruzar o charco

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Os cinco números da serie “North Wind”, que publica a editora Boom! Studios son o debut do vigués Alex Cal no mundo do cómic estadounidense. O primeiro volume desta serie está xa na rúa e pode descargarse na rede, mentres que os demais sairán con periodicidade mensual ata o vindeiro mes de maio. O autor, que participa regularmente no fanzine olívico “Fuck Cómics” estudou na escola Joso de Barcelona e adianta que ten por publicar un novo proxecto nunha das grandes editoras americanas.

Máis información no blog do autor; o primeiro número da serie neste web; máis sobre Fuck Cómics na ficha do fanzine

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Fuck Cómics, Estados Unidos, Culturagalega...

Claves

Conceptos