Fuck Cómics prepara o seu quinto e último número

O volume, que sae con dúas portadas diferentes, supón a disolución deste colectivo vigués

30/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
47 lecturas | Compartido 0 veces

Capa de Alex Cal para Fuck Cómics 5

Está na imprenta o que será quinto e último número do fanzine vigués Fuck Cómics, que chegará proximamente ás tendas. O proxecto, que nacera hai sete anos, chega ao seu fin cun volume que terá dúas capas diferentes. Alex Cal asina o debuxo que ilustrará 400 exemplares da tiraxe, mentres Davida é autor da ilustración para outros cen. Kalosú é o responsable da contracapa nos dous casos. Segundo explican no seu blog, o incremento de proxectos profesionais dos promotores do fanzine deu en que nos últimos dous anos a cabeceira ficase con pouca actividade. Ante esta situación, os autores consideran que o mellor é dar por finalizada a iniciativa. Para alén dos creadores xa mentados, o número conta con colaboradores como Norberto Fernández, Uxío, Xermánico, Javi Camino, Carlos Trigo, David Buceta ou Cristina Pérez-Salgado.
Para saber máis

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades
Conceptos