O Muíño das mareas da Seca, en Cambados, xa é Ben de Interese Cultural

A declaración recoñece o valor etnolóxico deste conxunto, aínda que apunta a necesidade de mellorar a súa conservación

  • O Diario Oficial de Galicia desde 26 de setembro recolle a inscrición preventiva do Muíño das mareas da Seca, en Cambados como Ben de Interese Cultural. Tal e como anunciara o Consello da Xunta do día 22, a construción considérase como lugar de...

Todo listo para o 30 Ourense Film Festival

O OUFF dá comezo mañá con toda a programación das diversas seccións e varios premios honoríficos

  • A 30ª edición do OUFF • Ourense Film Festival xa está a punto de comezar e tras meses de anuncios a organización xa ven de presentar o programa completo co que comezará este venres, 26 de setembro. Dous filmes de cineastas vinculados co festiv...

Ribadumia conversa sobre a literatura e o mar

O II Encontro Literario celébrase este venres e sábado

  • O concello de Ribadumia celebra este venres 26 e sábado 27 o II Encontro Literario, baixo o lema "Literatura e mar". O evento está estruturado ao redor de conversas que versarán, o venres, sobre literatura infantil e xuvenil (Érica Esmorís e Ant...

O encontro sobre o pintor Francisco Miguel debate sobre a relación da arte coa memoria

Celébrase esta tarde no Consello da Cultura Galega

  • O pintor Francisco Miguel naceu na Coruña en 1897 e morreu asasinado polos fascistas no campo de Bértoa, en Carballo, en setembro de 1936. Recentemente o seu corpo foi localizado e volto a enterrar. Para coñecer a súa arte e establecer un diálog...

O programa 'Foco Galicia Danza' impulsará os espectáculos en eventos internacionais

Catro compañías acudirán á Quinzena de Dança de Almada International Dance Festival

  • A Xunta ven de poñer en marcha o novo programa 'Foco Galicia Danza' para impulsar a presenza e a visibilidade dos espectáculos e profesionais do sector en eventos estratéxicos de alcance internacional. Será na 33.ª Quinzena de Dança de Almada I...

O 34 FIOT acollerá a estrea de once espectáculos galegos

O festival de Carballo comeza este xoves e ofrece un punto de partida a estas producións

  • Coa apertura este xoves do FIOT na súa 34ª edición Carballo será o espazo de estrea absoluta dunha ducia de espectáculos da escena galega nas vindeiras semanas. A cita convértese así nun anticipo outonal da temporada teatral con algunhas das m...

A RAG recoñece o traballo a prol do galego na infancia cun novo galardón

O CEIP Milladoiro de Malpica recibirá o O I Premio Na lingua que eu falo

  • A coincidir coa celebración, este 26 de setembro, do Día Europeo das Linguas, a Real Academia Galega deu a coñecer a resolución do O I Premio Na lingua que eu falo . O CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños foi distinguido con este galardón ...

Lugo será a sede dos XXIV Premios Mestre Mateo

O Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a gala que por vez primeira celébrase nesta provincia

  • O novo Auditorio Fuxan os Ventos, de Lugo, acollerá a gala da XXIV edición dos Premios Mestre Mateo o vindeiro 21 de marzo de 2026.Así o anunciou hoxe a Academia Galega do Audiovisual nunha rolda de prensa celebrada nese mesmo espazo e, na que par...

O ovo e a galiña de santo Estevo do Ermo

A nova intervención nunha antiga capela de Barreiros apunta á antiga e complexa orixe deste espazo mítico da Mariña

  • En santo Estevo do Ermo existiu unha capela e un camposanto, hoxe ocultos baixo capas de terra. Tamén dúas fontes santas e unha espectacular fervenza do río de santo Estevo. Ante a oportunidade de adquirir os terreos nos que a memoria popular reve...

A cultura do cónsul

Unha xornada no CCG explora as posibilidades da diplomacia cultural en Galicia e reivindica as achegas do pasado

  • "Sempre me chamaron a atención a cantidade de libros sobre Paraguai que hai nas bibliotecas de Vigo ou sobre Uruguai nas da Coruña", explicou Pilar Cagiao, profesora de Historia de América na USC, durante a xornada Diplomacia e cultura. "Débese a...

Miguel Anxo Fernán Vello obtén o VI Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

O galardón conta cunha dotación en metálico de 3.000 euros

  • O Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras acollía este sábado 20 de setembro o acto de entrega do VI Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán. Miguel Anxo Fernán Vello impúxose entre os 224 poemas recibidos no certame de 138 autoras e auto...

Escoitar a Rosalía

A poeta de Padrón conta con Negra sombra como o tema máis gravado da música galega

  • A adaptación musical do poema Negra Sombra de Rosalía de Castro realizada por Xoán Montes é a canción máis versionada e gravada da música galega. Canda a ela, as adaptacións da poeta de Padrón mantéñense no cumio dos temas máis gravados n...

O legado tamén é dixital

O escritor e tradutor Henrique Harguindey cedeu o seu web Palabras Desconxeladas aos fondos de web histórica do CCG

  • Na breve autobiografía que o profesor, escritor e tradutor Henrique Harguindey (1946-2024) publicou no seu web Palabras desconxeladas , máis da metade do texto está dedicado á súa infancia. Velaí narra dúas anécdotas na que o escritor se deca...

López Campos propón declarar o 2026 'Ano Ramón Otero Pedrayo'

Celebraríase así o 50 aniversario do pasamento do escritor ourensán

O festival Intersección será punto de encontro de estudantes e profesionais do cinema contemporáneo

A oitava edición ofrecerá sete estreas mundiais entre máis de 100 películas de 17 países

  • O festival Internacional Intersección da Coruña celebrará a súa oitava edición do 26 de setembro ao 4 de outubro para ofrecer máis de 100 de películas independentes de 17 países. Desenvolverase en espazos clave da cidade como Cantones Cines, ...

Iribarne inaugura o Festival de Artes Escénicas de Uruguai

A obra representarase entre o 10 e 12 de outubro en Montevideo

  • Iribarne , a obra de teatro gañadora de nove galardóns nos premios María Casares de teatro deste ano, abrirá o Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, con representacións no Teatro El Galpón de Montevideo. A obra escrita e dirix...

O encontro Galeusca reflexionará sobre o impacto da IA

Reúne esta semana en Santiago a representantes da literatura galega, vasca e catalá

  • Os vindeiros días 19 e 20 de setembro o Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela acollerá a celebración do encontro Galeusca. Este foro anual reúne representantes da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Euskal I...

Pontevedra acolle o encontro Poshumanismos interdisciplinares na arte e a ciencia

A Universidade de Vigo acolle este seminario que reflexiona encol dos "novos desafíos na intersección entre arte, ciencia e tecnoloxía"

  • Da man do grupo de investigación dx5, a Universidade de Vigo celebra os vindeiros 17 e 18 de setembro en Pontevedra o encontro Poshumanismos interdisciplinares na arte e a ciencia . Esta iniciativa, nada da investigación posdoutoral de Antía Igles...

Andrea Gatapoulos, Fon Cortizo e Alicia Moncholí fanse cos premios do FICBUEU

O certame de curtametraxes tamén recoñeceu traballos de Rúnar Rúnarsson, Delia Hess e Paula Pereira

  • O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) entregaba este 13 de setembro os galardóns da súa décimo oitava xeira. Andra Gatapoulos obtivo o primeiro premio do encontro con The Egggregores' Theory , que o xurado recoñeceu "pola s...

'Carmucha VST' achega a percusión tradicional á produción musical

A primeira ferramenta dixital con 'samples' de percusión xa está en descarga gratuíta

  • Lévase falando moito desde o mes de agosto da inminente saída de 'Carmucha VST', a ferramenta dixital para produción musical que ofrece as bases de percusión tradicional galega. Agora xa está en liña para descarga e pode comezar a usarse de xei...