O pintor Francisco Miguel naceu na Coruña en 1897 e morreu asasinado polos fascistas no campo de Bértoa, en Carballo, en setembro de 1936. Recentemente o seu corpo foi localizado e volto a enterrar. Para coñecer a súa arte e establecer un diálogo entre arte e memoria, a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do CCG organizou a xornada Francisco Miguel. Tempo de facer xustiza, que se celebrará esta tarde do mércores no Consello da Cultura Galega. No programa o crÃtico Carlos Bernárdez analizará en primeiro lugar a pintura de Francisco Miguel, coa nova obxectividade e o realismo máxico como vector. De seguido, outro crÃtico e escritor, Manuel Rozas, dialogará con Manuel Rivas sobre Francisco Miguel. Arte, memoria e dignidade, xa que o pintor aparece na súa afamada novela O lápis do carpinteiro. Por último, celebrarase unha mesa redonda na que xunto os ponentes anteriores se incorporarán Rosario Sarmiento, xestora cultural e comisaria de exposicións, e Carmela Galego, vicepresidenta da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
O encontro sobre o pintor Francisco Miguel debate sobre a relación da arte coa memoria
Celébrase esta tarde no Consello da Cultura Galega
