O pintor vangardista Francisco Miguel foi asasinado polo franquismo o 3 de agosto de 1936. O seu cadáver, canda os de Juan Boedo Pardo, Andrés Pinilla e o seu fillo Pedro Pinilla, foron recuperados no cemiterio parroquial de Bértoa hai un ano, en escavacións realizadas pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Para conmemorar o seu asasinato e dar a coñecer a súa figura o concello de Carballo organizou actividades e materiais didácticos coordinados polo historiador Hadrián GarcÃa sobre a figura de Francisco Miguel e o franquismo. As actividades inclúen un obradoiro de batik, a técnica artÃstica practicada por Francisco Miguel, que se celebrará este sábado 28. Ese mesmo dÃa pola tarde celebrarase nas Escolas do XardÃn Agra de Caldas unha xornada que contará coas intervencións de Xan Fraga, historiador, profesor e escritor, Carmela Galego, historiadora da arte, Miguel Anxo Fernán-Vello, escritor e editor, Carmen Rodeja, investigadora, David Lozano, investigador, Serxio Castro, arqueólogo, e MarÃa DÃaz, veciña de Bértoa.