
¿Cómo retratarÃa a obra de Ramiro Fonte?
Miguel Anxo Fernán-Vello: Ramiro Fonte foi esencialmente poeta, porque estaba posuÃdo por unha formación como lector de poesÃa, como capacidade de oficio, de escrita que el foi labrando no tempo desde moi novo. Sobre todo na última fase, el tiña conciencia do poema como forma, como construto. Hai na súa poesÃa unha fase última, o verso callado, a forma elevada ao extremo. O poeta tiña un gran coñecemento da poesÃa romántica inglesa ou alemá. Ramiro era un poeta moi culto que mesmo cando se achega ás formas tradicionais insufla unha enorme luz e calidade verbal.
Ramón Loureiro: Eu dirÃa que a obra de Ramiro Fonte é unha obra excepcional en todos os sentidos. Excepcional en todas as acepcións do termo, porque é unha obra que forma parte da excepción, do que non é frecuente. Ramiro era sobre todo un poeta, pero cando falo da súa poesÃa falo dunha visión do mundo. É algo que vai moito máis alá dos versos.
Todos os crÃticos coinciden en sinalar o papel da memoria na súa obraÂ…
MAFV: A experiencia do paso do tempo é fundamental na súa obra, e apréciase especialmente nas Vidas de infancia. Esa reflexión sobre o paso do tempo faina nun ton ás veces nostálxico. En Ramiro hai unha dor polo vivido, polos praceres perdidos, polo paraÃso que non se atinxe, nun ton sempre de reflexión, de carácter moral.
RL: Evidentemente, a memoria persoal é moi importante en toda a obra de Ramiro, por varias razóns. A súa poesÃa é moi a miúdo unha poesÃa da experiencia, pero tamén porque na súa triloxÃa Vidas de infancia, na que como el me dicÃa que devolveu á vida a moitos mortos, o fermento da memoria permitiulle reconstruÃr unha realidade nova a partir da palabra.
¿Cal foi o papel da comarca do Eume na súa obra?
RL: Ramiro ten un territorio vital que está moi vencellado ao Eume, pero ese territorio se vai condensando no seu particular imaxinario, conforme o tempo pasa, ata que chega un momento no que Ramiro, que era moi rosaliano en todos os sentidos, tanto como Eume lle quere aos regatos pequenos, e en especial ao Covés. O Covés é un regato moi modesto que desauga no mesmo lugar que desauga o Eume, que fai xunqueiras cheas de garzas e que, dalgunha maneira para el, representaba unha porta aberta á súa infancia.
¿PercÃbense diferenzas entre a súa prosa e a súa poesÃa?
MAFV: Ese oficio da escrita poética tamén o leva á súa prosa, nesa triloxÃa Vidas de infancia. Sen ser prosa lÃrica, ten un ritmo, unha medida, unha precisión. Ramiro era un ourive da linguaxe, non no sentido barroco, senón no sentido da contención, no deseño. Hai unha poética que identifica tanto a prosa como a poesÃa. Estiven relendo a súa obra estes dÃas, e pódese percibir a súa determinación por crear esa poética.
RL: Ramiro Fonte dicÃa sempre que o gran estilo non é a prosa chea de subordinacións, a proliferación de conxuncións que unen unhas frases a outras, a subordinación levada ao seu gran estremo. El dicÃa que o seu gran estilo era a prosa que resulta transparente para a lectura dos perfÃs máis diversos e que, á súa vez, permite que cadaquén poida ver aà algo distinto en función da polisemia de toda obra literaria. A triloxÃa Vidas de infancia existe por si mesmo.
¿Cal considera que foi a achega ou o perfil de Ramiro Fonte no contexto da literatura galega?
MAFV: Eu creo que a xeración dos 80 na que se inserÃa Ramiro Fonte é unha xeración moi diversa nas súas propostas, porque non ten nada que ver, por exemplo, Xavier Seoane con Manuel Forcadela. O que caracteriza a Ramiro Fonte é que é un poeta culto pero non culturalista. Os temas que el trata na súa poesÃa son os temas humanos, da poesÃa por excelencia. O tempo, a natureza, e a condición humana. Ramiro deixa unha obra poética que o tempo irá definindo dun xeito máis preciso, dunha gran limpeza, dunha calidade formal tinxida de notas rÃtmicas. A súa poesÃa ten unha melodÃa interior que vai avanzando e creando ese discurso poético. É unha das obras poéticas máis importantes do século XX en Galicia e fóra de Galicia.
RL: Eu creo que é unha contribución fundamental da literatura galega porque o camiño que andaba Ramiro non o andou ninguén máis. Non pode ter epÃgonos, porque a súa voz é tan persoal que non pode ter continuadores. Ramiro foi un feito único na literatura galega, como noutros momentos o foron Manuel Antonio ou Cunqueiro. Ramiro foi un universo enteiro.