Ferrol homenaxea a Ramiro Fonte

O escritor recibirá o premio Porto Magno

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O vindeiro luns día 28 a cidade de Ferrol homenaxeará o escritor Ramiro Fonte. Á unha da tarde o Concello acollerá o acto de entrega do Premio Porto Magno que convocou o Coro Toxos e Froles da Cidade Departamental e que lle outorgou un xurado composto por Julia Uceda, Iolanda Díaz, Félix Villares Mouteira, Miguel García-Posadas, Ramón Pernas, Segundo Leonardo Pérez López e Ramón Loureiro. Ao acto está prevista a presenza dunha nutrida representación da cultura do país para reivindicar a obra do autor, que está a ser tratado na actualidade dunha doenza.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramiro Fonte, Ramiro Fonte, Ramón Loureiro, Ramón Pernas...