Ramón Pernas gaña o Letras de Bretaña e Luís Valle o Caixanova de Poesía

Un Nadal de Premios

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O xornalista e escritor Ramón Pernas gañou o premio Letras de Bretaña polo conxunto da súa obra xornalística e literaria. O premio está concedido por unha comisión integrada polos concellos de Ferrol e Mondoñedo, da Diócese de Ferrol-Mondoñedo e do Real Coro Toxos e Froles. O premio foi outorgado por unanimidade. Pola súa banda, Luís Valle Regueiro gañou a VII edición do Premio Caixanova de Poesía cun poemario titulado A caída. O xurado estivo composto por Luís González Tosar, Anxo Angueira, Elvira Riveiro, Miro Villar e Ramón Nicolas, estimou especialmente da obra a "coherencia estética e un equilibrio estrutural próximo ao minimalismo expresivo", así como "o tratamento que fai o autor da poética do íntimo cun suxestivo repertorio simbólico e un rexistro lingüístico contido pero escolleito".

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Pernas, Luís Valle, Poesía, Caixanova...