Carlos Lema gaña o Premio de poesía Johán Carballeira e Luz Pozo o Premio Letras de Bretaña

Estrelas da poesía

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Revelando a súa faceta de escritor de poesía, Carlos Lema, director editorial de Galaxia, ven de gañar o Premio Johán Carballeira convocado polo Concello de Bueu. O xurado da duodécima edición deste galardón decidiu por unanimidade conceder o premio á obra “O xeito de Freud”, na que Lema repasa a través de douscentos versos a formación da personalidade a través da lingua e como discurso que dá orixe á identidade. O sábado 29 será a entrega do premio en Bueu. En Ferrol, o Premio Letras de Bretaña distinguiu á poeta e membro da Real Academia Galega Luz Pozo Garza polo conxunto da súa obra. O premio, concedido polo Real Coro Toxos e Froles, vai pola súa cuarta edición e en anos anteriores recoñeceu a Darío Xohán Cabana, César Antonio Molina e Ramón Loureiro.

Máis información de Galicia Hoxe e en Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Bretaña, Ramón Loureiro, Darío Xohán Cabana...