O apoio de diferentes entidades permite lanzar a XXVII edición do Premio Esquío

Resurrección literaria

10/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Consellaría de Cultura, a Deputación da Coruña, o Concello de Ferrol e mais La Caixa son os novos patrocinadores do prestixioso Premio Esquío de Poesía. Onte presentábase en Ferrol a XXVII edición deste galardón, que contará cun primeiro premio de 10.000 euros para obras en castelán e outros tantos para as que se presenten en galego, ademais dun accésit de 2.500 para cada idioma. A convocatoria do certame quedara en suspenso este verán logo de que a Fundación Caixa Galicia retirase o seu apoio económico.

Máis información no Diario de Ferrol, en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Galicia Hoxe, Caixa Galicia, Deputación da Coruña...