Atopámonos diante dun dos homes de letras que máis eidos tocaron dentro do sistema literario galego. Ao seu labor como poeta, que lle valeu ser recoñecido coma un dos principais membros da Xeración dos Oitenta, súmase a súa actividade como autor teatral e mesmo como entrevistador, dado que colaborou en libros de conversas con Xosé Manuel Beiras e Ricardo Carvalho Calero. Ademais, exerce unha incesante actividade como conferenciante e articulista, participando en numerosas publicacións galegas e portuguesa. Por se fose pouco, dirixe, desde hai dez anos, a que xa é a editorial punteira na edición de poesía en Galicia, Espiral Maior. O seu compromiso coa terra e coa palabra translocen constantemente na conversa. Desde todos os eidos da literatura, Miguel Anxo Fernán Vello.
- ¿Que é a literatura para vostede?
A literatura evidentemente é unha vía de comunicación, unha vía de creación artística que efectivamente traballa coa linguaxe, traballa coa lingua e polo tanto atinxe un aspecto creativo textual e comunica en realidade a condición humana. A literatura en xeral nos seus diversos xéneros é dalgunha maneira unha vía de investigación e de pescuda sobre a realidade, a individual e a colectiva, mesmo sobre a existencia humana. Ese alento de coñecemento que o pensamento e a linguaxe atribúen configúrase como totalidade a través do texto literario. A literatura como calquera outra arte, a pintura, a escultura... trata de producir emoción e coñecemento no público, neste caso no lector.
A POESÍA É UNHA LINGUAXE QUE CASE ESTÁ EMPARENTADA BIOLOXICAMENTE COA MIÑA PERCEPCIÓN DO MUNDO
-Vostede ten practicado xéneros que van desde a poesía ao teatro, a narrativa, o ensaio ou a entrevista, ¿que atopa de peculiar en cada un deles?
O que menos practiquei polo momento é o xénero narrativo, polo menos no que atinxe a narrativa publicada, pero o xénero que dalgunha maneira ten máis densidade e máis intensidade na miña producción literaria é a poesía seguida do teatro. A poesía é unha linguaxe que case está emparentada bioloxicamente coa miña formación e coa miña percepción do mundo, polo que hai unha especie de simbiose entre o poético e o humano, que pode ser case mesmo unha condena á cal se ve un sometido.
O xénero teatral é unha linguaxe próxima á poética nalgúns aspectos que no meu caso forma parte da miña sensibilidade como escritor.
Algúns autores din que non hai fronteiras entre os xéneros, e ao mellor a palabra fronteira é demasiado ríxida, pero o que si hai son espacios autónomos, hai espacios de producción diferenciada. Non e o mesmo un conto que un poema, o poema está suxeito a unhas leis, a unha formalidade, unha xestualidade e unha sonoridade que non é necesaria do mesmo xeito nun relato ou nunha obra teatral. Hai un conxunto de xéneros con espacios propios que ás veces se comunican transversalmente.
- A súa imaxe pública foi sempre a de alguén comprometido coa terra, ¿a súa vocación literaria parte tamén deste compromiso?
Eu creo que a vocación literaria está no individuo e forma parte dunha aprendizaxe individual e socializante, nesa etapa de socialización do individuo na cal a súa sensibilidade ten todas as antenas en alto para recoller información e para dárllela aos demais, onde eu penso que en definitiva reside todo. Esa toma de contacto coa realidade produce evidentemente, polo menos no meu caso, un compromiso, vella palabra ás veces desacreditada pero cada vez máis necesaria sobre todo no sentido de compromiso coa realidade máis inmediata. E a realidade máis inmediata que existe para o escritor é o idioma, a ferramenta que emprega para concibir a súa obra.
Este compromiso co idioma no caso de Galicia vai aparellado necesariamente co compromiso coa historia social do idioma e vai ligado tamén á historia cultural e á propia realidade do país. Eu síntome nese sentido unha persoa, xa non só como escritor, comprometida nun plano universal co idioma galego e coa cultura que é expresión e emanación del.
NON RECOÑEZO AS INFLUENCIAS COMO TALES, SENÓN O DESEXO DE PROCURAR UNHA VOZ MARCADA POLA PROPIA EXISTENCIA
-¿Cales son as súas maiores influencias no eido literario?
Eu desde sempre fun un bo lector, tanto en cantidade de títulos deglutidos como, creo, en calidade, porque tiven boas referencias e foron boas as direccións que acadei neste sentido. Ao ser un lector múltiple e poliédricos as influencias vanse diluíndo bastante. Así por exemplo en poesía lin os poetas europeos e clásicos no mesmo intre en que lía os autores surrealistas franceses ou a César Vallejo. Eu creo que non hai unhas influencias marcadas como tales na miña poesía. Hai evidentemente un coñecemento da tradición galega e da universal, sobre todo da europea e da americana, que son as que me inflúen e as que inflúen en todos os autores do noso espacio. Eu non recoñezo influencias marcadas coma tales, senón desexo de procurar unha voz propia que vén marcada pola propia existencia.
- Tense destacado na súa poética a importancia da temática erótica, ¿é a palabra o mellor xeito de representar os corpos?
Xa dicía Goethe naquela máxima que ten un valor universal e é aceptada comunmente "impere pois o eros que é a orixe de todo". Evidentemente no erótico, nese eros primixenio, que é a forza e o motor de explosión do mundo, está todo e está tamén a propia palabra, a palabra como creación, a palabra cando se asocia á poesía e ten son e plasticidade e pode empregar un réxime de combinatoria múltiple de signos e de símbolos e empregar todas esas artes de expresión como a metáfora, a metonimia... Creo que non hai mellor instrumento non só para definir o corpo senón tamén para celebrar o corpo do mundo e o corpo físico que a palabra vencellada á poesía. Nin a música nin a escultura o poden facer. Quizais a palabra vencellada a unha linguaxe plástica si o pode facer.
- Ademais do seu labor como escritor, hai uns anos embarcouse nun proxecto que xa se converteu no buque insignia da poesía en Galicia, Espiral Maior: ¿como xurdiu esta editorial?
Espiral Maior cumpre agora dez anos como empresa editora e naceu coa vontade de contribuír á normalización da edición de textos poéticos en Galicia nun intre en que había un certo baleiro neste sentido. Todos sabemos que a edición de poesía non é rendible en termos económicos, e Espiral Maior non é unha editora con vontade de ánimo de lucro inmediato, senón que naceu cunha vontade de, se se quere dicir así, servicio público, sobre todo cara á comunidade de lectores. Nese sentido a poesía foi un motivo de especialización por parte da editora. Xa son máis de cento cincuenta títulos de poesía editados, catro coleccións de poesía en activo, das cales a colección "Poesía" xa superou os cen títulos. A última colección creada foi Auliga (Asociación de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia). É unha colección multilingüe que quere actuar no espacio lingüístico iberrománico con edicións bilingües pero sempre enraizadas na Galicia e dialogando cos idiomas románicos. O próximo texto que sairá na colección é unha grande antoloxía de José Ángel Valente traducida polo grande poeta e traductor portugués José Bento, que verá a luz os próximos meses e que vai supor a entrada de Valente en Portugal. A pesar de ser un dos máis destacados poetas do século XX, Valente aínda non estaba traducido ao portugués, e con esta edición de Espiral Maior, entra en Portugal respondendo a ese ánimo de levar a poesía a todos os estremos lingüísticos e espaciais no ámbito iberrománico.
TODO O SÉCULO XX É UNHA EXPRESIÓN CONTINUADA DESE PODER CREATIVO DO IDIOMA ASOCIADO Á POESÍA
- ¿Como ve a situación da poesía en Galicia?
A poesía en Galicia é un magma que está fluíndo continuamente desde ese grande volcán, digamos así, ese conxunto que vén fixado pola tradición. A poesía é a espiña dorsal do sistema literario galego histórico. Esa grande tradición xera unha enerxía, e todo o século XX é unha expresión continuada dese poder creativo do idioma asociado á poesía. Chegamos ao final do século XX cun conxunto de poetas que hoxe están sendo recoñecidos silenciosamente, porque a poesía non emprega os resortes da grande publicidade nin da propaganda institucional ou privada. A poesía camiña silenciosa, pero os poetas, por exemplo os da miña xeración, os dos oitenta, están sendo recoñecidos e traducidos en antoloxías en ruso, francés ou en macedonio... Eu creo que se se quere falar dunha grande achega de Galicia ao mundo (e aí creo que Galicia achega ao mundo cousas importantes ademais do económico, coma a moda ou a música) creo que unha das grandes achegas é a poesía do século XX.
- Recentes noticias falan dunha crise do sector editorial galego, ¿que perspectivas de futuro ve?
Que hai unha crise no sector resulta evidente e todos os editores que vivimos día a día neste traballo coñecemos perfectamente o mercado interior do libro en Galicia e estamos asistindo a unha fonda crise. Xa se dixo en diferentes análises feitas por editores. O libro galego padece unha serie de eivas, algunha endémicas e outras de orixe máis estructural e recente. Non aumenta o número de lectores e a última estatística sinala un descenso no número de títulos editados e, sobre todo, na tiraxe. Se descontamos os libros institucionais, as reedicións, as traduccións, e os libros infantís que non chegan á entidade física de libro ao non chegar ás cincuenta páxinas, o número de libros que se editan anualmente de creación autóctona non é tan alto e as bibliotecas públicas non teñen as novidades literarias nun espacio de tempo sensato. Sería moi longo analizar toda a problemática do libro galego, que é un libro invisible en boa parte do tecido comercial. En librerías e grandes superficies o libro galego está infrautilizado, e isto e fondamente anormal e antinatural cando hai unha cultura e unha literatura coma a galega que mesmo brilla fóra de Galicia. É fondamente anormal que dentro do país existan eivas e atrancos que impiden que autores e editores actúen con naturalidade nun medio xusto e propicio.
- ¿Que novos proxectos o agardan a nivel literario?
O traballo de editor é moi absorbente, son moitas horas diarias as que dedico á editora. Pero de todas maneiras intento compaxinar os dous traballos, porque o da escrita é un traballo realmente. Sigo escribindo poesía e estou traballando continuamente, con menos intensidade quizais temporal pero con máis intensidade textual. Traballo nun novo libro de poemas e nunha obra de teatro que tamén está nesa lista de espera para ser absolutamente atacada e rematada.
- ¿E a nivel editorial?
Os proxectos editoriais son continuos, sempre hai algúns interesantes. Por exemplo está a edición da obra poética completa de Manuel María que sairá no outono, ou a posta en marcha dunha colección de teatro que incluirá, ademais de dúas obras inéditas de Manuel Lourenzo, o teatro completo de Jenaro Marinhas del Valle. O outro grande proxecto, a piques de pecharse, é a publicación dun Diccionario Histórico de Galicia que incorporará as datas, feitos e lugares e nomes que teñen significación no plano histórico en Galicia.
En poesía continúa a liña de edicións de obras reunidas, e está prevista a saída da obra poética reunida de Xosé María Álvarez Cáccamo e da de Vítor Vaqueiro. Tamén publicaremos unha grande antoloxía de poesía brasileira actual realizada pola profesora Yara Frateschi. No campo da narrativa hai un libro de relatos de Manuel Veiga, unha novela curta de Xosé Fernández Ferreiro, o primeiro libro de relatos de Francisco Calo Lourido e un novo libro de relatos de Alfonso Pexegueiro. Se é que antes non afogamos.