Espiral Maior creará un selo para publicar en castelán poesía galega

Novos xiros da espiral

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Nunha entrevista concedida este domingo ao suplemento “Nordesía” de Diario de Ferrol Miguel Anxo Fernán-Vello anunciou que a súa editorial, Espiral Maior, vai crear proximamente un selo en castelán para distribuír no exterior a poesía escrita orixinariamente en galego. Segundo o poeta e editor o seu obxectivo é ampliar o mercado da nosa poesía e “abrir horizontes para proxectar a literatura galega no exterior a base de traducións.” Fernán-Vello tamén anunciou que para abril, coincidindo co Día do Libro, xa existirá na rede unha páxina web da editorial.

Máis información no suplemento Nordesía de Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Espiral Maior, Literatura, Día do Libro

Claves

Conceptos