Unha xornada do CCG estuda a estreita relación entre a cultura e a autonomía galegas

Pode seguirse en directo polo web do CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Cunha conferencia inaugural de Victor Manuel Vázquez Portomeñe, arrincou o último dos foros convocados polo Consello da Cultura Galega co gallo do seu 40 aniversario. "Cultura e autonomía" aborda as "relacións entre o proceso de creación da autonomía e a institucionalización da cultura", un aspecto fundamental na constitución da autonomía galega. A xornada inclúe intervencións de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, que foi conselleiro nos gobernos de Fernández Albor e Fraga e primeiro responsable do Xacobeo, sobre as políticas desenvolvidas no seu tempo, Giulia Quaggio, da Universidade Complutense de Madrid, que falará sobre cultura e democracia política en España e pola tarde unha mesa redonda na que participará Rosario Sarmiento, xestora cultural e comisaria de exposicións, sobre Arte e equipamentos, Marcos Lorenzo, técnico de cultura do concello de Ferrol sobre políticas culturais e Ramón Villares, sobre os procesos de institucionalización da cultura. Na primeira conferencia, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe reuniu os eixos da política cultural do seu goberno ao redor da lingua, o patrimonio cultural e o Xacobeo, e destacou os consensos obtidos nalgunhas das principais leis marcos formadas neses gobernos para a súa aprobación.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Vázquez, Xacobeo, Marcos Lorenzo, Ramón Villares...