O Xacobeo marca as Medallas Galicia 2010

Vítor Vázquez Portomeñe e o Cabido da Catedral de Santiago foron recoñecidos coa distinción

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

As Medallas Galicia teñen neste ano 2010 unha clara marca do Xacobeo. Vítor Manuel Vázquez Portomeñe, impulsor desta celebración en 1993 e antigo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia foi un dos galardoados. Canda a el, a Xunta de Galicia acordou recoñecer o traballo do Cabido da Catedral de Santiago na difusión e dinamización do Ano Santo. As distincións entregaranse o vindeiro 25 de xullo dentro dos actos de celebración do Día de Galicia.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Catedral sonora

Catedral sonora

O Consorcio de Santiago e o Xacobeo recuperan a carraca da Catedral

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Xunta de Galicia, Manuel Vázquez...