Catedral sonora

O Consorcio de Santiago e o Xacobeo recuperan a carraca da Catedral

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A carraca na Torre da Carraca. Foto: culturagalega.org

A carraca na Torre da Carraca. Foto: culturagalega.org

En pleno ano Xacobeo, a Catedral de Santiago recupera un dos sons tradicionais: o da carraca. É o substituto das campás nos actos litúrxicos do Triduum Sacrum, ou o que é o mesmo, o único son que se vai escoitar entre o Xoves Santo e a misa de Resurrección (na noite do Sábado Santo). “Hai máis de corenta anos que a Catedral de Santiago non fai sonar a carraca” apuntou o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva, que aludiu á recuperación do patrimonio inmaterial da Catedral. A actuación, financiada polo Consorcio e o Xacobeo, tivo un coste de 54.000 euros e implicou a construción dunha réplica exacta da carraca orixinal que se recuperará para a súa exposición museística.

Os artesáns que realizaron a réplica
1/2
A carraca da Catedral
2/2

A nova carraca soará

Venres Santo, 2 de abril (ás 12:00h e ás 18:00h.)
Sábado Santo, 3 de abril (ás 12:00h, ás 18:00h. e ás 22:00h)

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Consorcio de Santiago, Manuel Villanueva...