A austeridade, os traballos de rehabilitación e a integración de eventos preexistentes marcan a programación do 800 aniversario da Consagración da Catedral de Santiago. Representantes do Consorcio da Cidade de Santiago presentaban onte un programa no que destaca a posta en marcha do Museo das Peregrinacións e de Santiago e mais a reapertura do Museo da Catedral. A música clásica e os traballos de rehabilitación preséntase como os eixes da conmemoración.
Engade ao teu Google Calendar a programación do 800 aniversario da Consagración da Catedral de Santiago. Para incluílo cos teus calendarios tes que buscar a icona de Google Calendar na esquina inferior dereita da páxina que vas consultar nesta ligazón
Austeridade foi unha das palabras máis repetidas na presentación onte do programa de conmemoracións polo 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago. O que vai ser unha das principais propostas culturais desde 2011 arrinca este mes de marzo cun orzamento de 8 millóns de euros que, segundo adiantou o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, agárdase aínda que se poidan incrementar estes orzamentos mediante as achegas de diferentes empresas.
Integración
Boa parte do programa que se presentou onte recolle eventos xa consolidados na capital galega. O paraugas dos 800 anos integra eventos como o Festival de Músicas Contemplativas, que entre o 18 e o 23 de abril encherá os templos composteláns das notas de música sacra de todo o mundo. Entre outros países estarán presentes músicos de Exipto, India, Siria, Azerbayán, Francia ou Inglaterra, cun total de 13 conxuntos. Do mesmo xeito, o Compostela Organum Festival (1 a 29 de maio), o Festival Via Stellae (9 a 22 de xullo), o Curso Internacional Música en Compostela (Agosto) o certame gastronómico Santiago (é)tapas (en xullo) e mesmo a festividade do Apóstolo e o espectáculo multimedia que cada ano se desenvolve na fachada do Obradoiro. Canda a estas citas, xa consolidadas, o program acubilla tamén iniciativas que comezaron o pasado ano a súa andaina da man do Xacobeo. Deste xeito, o Congreso Internacional de Literatura de Viaxes recunca en Compostela da man desta iniciativa, desta volta centrado no tema das catedrais. Entre os asistentes, anúnciase a presenza de Ken Follett, autor de Os piares da terra, Ildefonso Falcones, creador de La catedral del mar ou de Amin Maalouf entre outros. Pola súa banda, tamén se integran no programa tres xornadas especiais do Galicia Classics que comezou o pasado ano como Xacobeo Classics, e qeu achega este ano a soprano Elina Garanca, o violonchelista Mischa Maiski e mais Daniel Baremboin dirixindo a Staatskapelle de Berlín. Como se pode comprobar, a música clásica e sacra ten un grande peso no conxunto da programación, unha pegada que o conselleiro de Cultura, Roberto Varela relacionou coa celebración neste 2011 do Ano da Música.
Máis música
Por se fose pouco, tamén hai propostas inéditas vencelladas á música na programación destes 800 anos. Músicas da itinerancia é o título dun Festival Internacional de Música Medieval que se desenvolverá entre o 12 e o 18 de setembro e que se terá nos trobadores galegos o seu eixe. O programa inclúe actuacións de grupos como o Cuarteto de Urueña, Vox Suavis, Ensemblre Tre Fontaine, Grupo 1500 ou Martín Códax. Para alén dos concertos o protagonismo da música tamén se verá no traballo para a recuperación da obra de Melchor López, un concerto e mais a gravación dun disco queren rememorar o traballo deste mestre de capela e organista da Catedral a finais do século XVIII. Outro disco que nos deixará esta celebración será a gravación de Festa Dies: A festa medieval no templo de Santaigo, no que o grupo Resonet recuperará músicas do Códice Calixtino e de peregrinacións europeas, centrada na tradición litúrxica da Idade Media.
Exposicións
As mostras supoñen a principal achega inédita do programa da conmemoración. Domus iacobi: A historia da catedral de Santiago abre en abril o programa expositivo recuperando pezas do templo que por vez primeira saen fóra dos seus espazos habituais e reunindo parte do patrimonio catedralicio disperso para explicar a historia deste edificio. En agosto toma o relevo Ceremonial, festa e liturxia na catedral de Santiago, unha exposición que se centra nas peculiaridades das cerimonias vencelladas ao Camiño de Santiago (desde a despedida, as reliquias, ou o abrazo ao Apóstolo) e que recupera material do propio templo canda a pezas de diferentes museos para explicar o cerimonial compostelán. En outubro abrirá as súas portas unha mostra virtual sobre a cidade do século XIII, A cidade da Catedral, que incide no feito de como a cidade se foi configurando, tanto física como institucionalmente, arredor do templo, que deu orixe a institucións fulcrais como é a Universidade. Intramuros pola súa banda, será unha exposición fotográfica de Domi Mora que se centra en amosar o interior da catedral e mais de diferentes conventos de clausura. Outra exposición conmemorará os 35 anos de Compostela como Patrimonio Mundial.
Rehabilitación
Atendendo ao montante económico, non queda dúbida de que é o impulso á rehabilitación do templo o que marca a celebración destes 800 anos da catedral. Un total de 5,5 dos 8 millóns ata o de agora consignados irán destinados a iniciativas deste tipo. Entre os que se presentaron está a rehabilitación da Fachada da Acibecharía, e as obras na Torre do Reloxo e mais nas cubertas que aborda a Consellaría de Cultura. Para alén dos traballos en marcha e dos previstos para os vindeiros meses, o 2011 significará un fito na recuperación do templo a longo prazo. Logo da aprobación do Plan Director da Catedral en 2009, será este ano, en xuño, cando abra as súas portas a Oficina Técnica que se encargará de xestionar a súa aplicación. Deste xeito, poderán iniciarse os investimentos desde o Estado Central, ao que se solicitaron no Plan aprobado, investimentos por importe de 24 millóns de euros. Con estes cartos preténdense abordar actuacións de final en fachadas, cubertas e torres, así como intervencións prioritarias e secundarias no conxunto, ao longo dun período de entre dez e doce anos. Como un dos resultados mais inmediatos destas obras, en abril presentarase a restauración dos retablos das Capela de Ánimas logo de catro anos de traballos.
Museos para o futuro
Para alén da recuperación do templo en si, este ano deixará pegada no panorama museístico da Cidade do Apóstolo. Por unha banda, para outubro está prevista a apertura do Museo das Peregrinacións e de Santiago, situado en plena praza das Praterías e que integrará tamén unha remozada Casa do Cabido, que comeza en breve os seus traballos de rehabilitación. Canda a este centro, abrirá de novo as súas portas en agosto, logo de diferentes traballos de rehabilitación, o Museo da Catedral, cun novo percorrido museográfico e recursos didácticos anovados. Nos dous casos, aínda que algo tarde para participar na inauguracion da efeméride os centros suporán unha expansión destacada a presenza Xacobea e mais da oferta turística da cidade.
Estudos
A conmemoración aprovéitase tamén para desenvolver reflexións sobre o fenómeno xacobeo. Deste xeito, Entre o 20 e o 23 de xullo o congreso Leccións Xacobeas achegará á cidade as últimas investigacións sobre estas cuestións. Desde o propio aniversario da consagración da catedral ata os sentidos no camiño ou o futuro do templo e da cidade artellarán o programa. Tamén a obra A Catedral de Santiago de Compostela. Historia e cultura recollerá unha serie de textos que analizan diferentes institucións e espazos do templo. O cabido, o arquivo, o museo ou os espazos públicos comparten páxinas con análises sobre o templo durante o románico, no século XVI ou no barroco.
Canda a todas estas propostas, como novidades preséntase o Compostela Restaurant Festival, unha cita que pretende popularizar a oferta gastronómica da cidade con prezos populares e propostas como ceas temáticas, a cegas ou un ciclo de cinema gastronómico. Ademais están tamén previstos tres concertos da Filharmonía de Galicia e a posta en marcha da carraca do templo, restaurada o pasado ano. Como apertura, os reponsables do programa propoñen, o vindeiro 9 de abril, a acción Compostela aperta a súa catedral, na que convidan aos composteláns a facer unha cadea humana arredor do templo. A conmemoración da traslación dos restos do Apóstolo, en decembro, servirá de feche a este ano de celebracións.