A Catedral de Santiago celebra os seus 800 anos

A celebración de vísperas solemenes inicia hoxe os actos que continúan mañá

6/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: historiapatrimonio
21 lecturas | Compartido 0 veces
A celebración ás oito desta tarde das Vísperas Solemnes, que inclúen unha homilía do bispo, abren hoxe os actos de celebración do 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago. No entanto será mañá ás 11:30 cando se realice a conmemoración en si, cun desfile de autoridades civís, relixiosas e militares polo templo, seguindo as doce cruces que se instalaron nas naves con motivo da consagración. Os dous actos contarán con música orixinal composta por Joám Trillo. A coincidir con estes actos, o Consorcio de Santiago presentaba onte o libro A Catedral de Santiago. Beleza e misterio que recolle fotografías e estudos sobre o templo e a súa evolución histórica.

Universo culturagalega.gal

13/04/2011

O templo explicado

Unha guía amosa a historia e os principais fitos da Catedral de Santiago

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos