Atallar o estado de deterioramento e mellorar a conservación da Catedral centrarán as acccións coas que o Consorcio de Santiago e o Cabido celebrará o 800 aniversario da consagración do edificio. Son “accións que están orzamentadas en 7 millóns de euros” apuntou o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva, ao tempo que indicou que fan parte do Plan Director da Catedral (documento que detalla as accións para a conservación do conxunto arquitectónico). No 2011 crearase a constitución dunha oficina técnica que dependerá do Cabildo e que será a encargada de executar ese documento. Ademais das obras na Catedral, a efeméride celebrarase con dúas exposicións: unha sobre a historia do monumento e outra sobre a evolución da cidade de Santiago.
Ningunha das entidades avanzaron o orzamento destinado nin ás accións sobre o edificio nin ás culturais porque se nutrirá, alén das achegas das entidades públicas, polas bonificacións fiscais das empresas privadas que se irán sumando ao longo do ano.
Plan director
O Plan Director da Catedral comezou a elaborarse en 2005, pero non foi ata o 2009 cando tivo a súa aprobación definitiva. Algunhas das accións dese plan, as consideradas máis urxentes xa se están a desenvolver (como as obras que actúan sobre a Torre da Berenguela), pero non será ata o 2011, coa constitución dunha oficina técnica cando se poñan en marcha con carácter agrupado. O Plan Director é paralelo a outras iniciativas no propio edificio, como son as desenvolvidas pola Fundación Barrié de la Maza (a controvertida intervención sobre o Pórtico da Gloria), e establece accións urxentes. “O Plan Director actúa globalmente, sobre as necesidades estruturais do edificio”apuntou o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.