O Plan Director da Catedral ábrese ao público

Unha exposición e un ciclo de conferencias explicarán as directrices que rexerán o emblemático edificio

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposicións
Compartir:

Trátase do documento que detalla as accións para a conservación do conxunto arquitectónico. O Plan Director da Catedral está redactado tras de varios anos de traballo. Será ao longo deste ano cando se constitúa unha oficina técnica que dependerá do Cabido e que será a encargada de executar ese documento. Mentres tanto, o Consorcio e a Igrexa queren dar a coñecer o contido deste plan á cidadanía. Para iso, organizaron unhas xornadas (Hostal dos Reis Católicos, do 13 ao 16 de xuño) nas que participarán arquitectos, cargos eclesiásticos, escultores e investigadores. Ao peche deste ciclo de conferencias, abrirase no Pazo de Xelmírez unha exposición de carácter divulgativo sobre o Plan Director.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Reis Católicos, Reis, Pazo de Xelmírez...