O Museo Catedral de Santiago recibiu 446.518 visitantes en 2025

O centro compostelán incrementou nun 4% a cifra a respecto do ano anterior

| Santiago. Redacción | Seccións: TurismoPatrimonio
Compartir:
Sala do Museo Catedral de Santiago. Fonte: Web da Catedral

Sala do Museo Catedral de Santiago. Fonte: Web da Catedral

As propostas de visita que visita que realiza o Museo Catedral de Santiago conseguiron atraer en 2025 a un total de 446.518 persoas. A cifra supón unha nova marca para este centro, que incrementou nun 4% as cifras acadadas en 2024. O número dá conta do conxunto de modalidades de visita organizadas desde o museo, a incluír as que se realizan ao Pórtico da Gloria, ás cubertas do templo, á Torre da Carraca e á Colexiata de Sar.

Ademais, en 2025 habilitouse a visita, primeiro parcial, e finalmente completa, do Museo Diocesano en San Martiño Pinario. Os percorridos guiados nocturnos son os que tiveron un maior crecemento respecto ao ano anterior, cun 17% máis. Do total de visitas, 13.000 corrresponderon a escolares no marco dos programas educativos do Museo.

Que che parece esta nova?
181 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Pórtico da Gloria, Torre...