Sala do Museo Massó. Fonte: Web do museo
Os 14 museos que dependen da Xunta no noso país viron incrementarse as súas visitas nun 10% durante 2025. Un total 635.642 persoas pasaron por estes centros nos últimos doce meses, segundo reivindica a Consellería de Cultura. A Cidade da Cultura é o espazo que conseguiu un maior incremento en cifras absolutas neste sentido, ao pasar de 242.222 persoas no anterior exercicio a unha marca de 274.422 no último, un 12% máis.
Tamén en Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea acadou en 2025 un total 58.050 visitas, mentres o Museo das Peregrinacións recibiu 51.257 persoas. Na Coruña, o Museo de Belas Artes tivo 46.985 rexistros e en Padrón, a Fundación Cela contou con 5.659 visitantes.
Outro crecemento destacado foi o do Museo do Mar, en Vigo, que ao pasar de 39.158 a 49.536 visitas rexistrou un incremento do 21% na súa actividade. O Museo Massó de Bueu, con 18.596 visitas, o Arqueolóxico Provincial de Ourense, que obtivo 20.759 entradas (5.000 máis que no 2024), o Etnográfico de Ribadavia, que recibiu 18.081 e o do Viño que sumou 6.746 persoas, fan tamén parte da contaxe.
En Lugo, o Museo do Castro de Viladonga, acolleu de 45.743 visitantes, unha cifra similar a anos a anteriores, mentres polo Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro pasaron 14.721 persoas. No caso dos dous parques arqueolóxicos xestionados pola Xunta, o da Arte Rupestre de Campo Lameiro sumou 15.083 persoas, mentres o da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las fechou 2025 cunha cifra de 10.004 persoas.