Un total de 479.418 persoas visitaron a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela durante 2015, segundo anunciaba publicamente a ConsellarÃa de Cultura esta mañá. A cifra supón un incremento do 45% a respecto das cifras de 2011, ando de apertura do complexo. O departamento da Xunta sinala que este crecemento se debe ao incremento de actividades desenvolvidas no Gaiás, máis de dúascentas ao ano, canda á posta en marcha do Centro de Emprendemento e aos eventos organizados por empresas, institucións e colectivos. A Xunta confÃa na tendencia crecente e sinala que no primeiro trimestre de 2016 pasaron 129.046 visitas, o que supón un 19,3 por cento máis que no mesmo perÃodo do ano anterior. En total, nos últimos cinco anos Cultura conta 2.090.479 visitas.