O Museo de Pontevedra conseguiu un 30% máis visitantes o ano pasado

O Marco de Vigo subiu un 6% as súas visitas en 2016

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Un total de 107.478 persoas visitaron ao longo de 2016 as instalacións do Museo de Pontevedra, o que supón unha marca para esta entidade nos últimos anos. Segundo daba a coñecer onte a Deputación de Pontevedra, a cifra marca un incremento do 30% nas visitas a respecto do anterior período. Accións como a reapertura das Ruínas de Santo de Domingo a as exposicións sobre Castelao contribuíron de xeito decisivo neste incremento. En concreto, as exposicións temporais do Sexto Edificio, onde se programaron as dúas dedicadas ao autor rianxeiro, experimentaron un incremento do 45,7 % con respecto a 2015. Pola súa banda o Museo de Arte Contemporánea (Marco) de Vigo, recibiu un 6% máis visitas o pasado ano, ata rozar as 90.000.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Exposicións, Castelao, Deputación de Pontevedra...