O Marco pecha 2008 con preto de 100.000 visitantes

A asistencia ao museo incrementouse un 9.4% con respecto ao ano anterior

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Foi un ano de cifras record para o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). O centro pechou con máis de 96.000 visitantes, o que supón a mellor cifra de asistencia na curta historia da entidade. Este ano, o MARCO cambiou a súa política de entradas, permitindo o acceso gratuíto. As visitas ás exposicións temporais e as celebracións especiais como a Festa Aniversario en novembro ou o Día Internacional do Museo en maio foron os eventos que xuntaron máis público.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)