O Museo de Arte Contemporánea de Vigo aspira alcanzar os cen mil visitantes esta semana

Marco cen mil

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A directora do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Carlota Álvarez Basso, sinalou que o centro podería alcanzar na vindeira semana o seu visitante número cen mil. Segundo ela, a afluencia obtida durante os primeiros catorce meses de actividade sitúa o MARCO por riba da media de museos de arte contemporánea do estado en canto a número de visitantes. Ademais, destaca que en xeral os asistentes repiten a súa visita. Neste tempo, o centro acolleu oito exposicións, das que seis foron de producción propia. A directora anunciou tamén que o horario de visitas de balde ampliarase ao mércores de cada semana.

Máis información en La Voz de Galicia; no web do MARCO e no noso tema sobre o museo

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlota Álvarez Basso, Museos, Exposicións, La Voz de Galicia...