A Cidade da Cultura cumpre dez anos a reivindicar seis millóns de visitas

O conselleiro de Cultura asegura que o complexo inicia "unha etapa de expansión"

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:
Acto de aniversario da Cidade da Cultura. Fonte: Consellería de Cultura

Acto de aniversario da Cidade da Cultura. Fonte: Consellería de Cultura

Na mañá deste 13 de decembro o complexo do monte Gaiás en Santiago de Compostela acolleu o acto oficial de celebración do décimo aniversario da Cidade da Cultura. No evento, que contou coa presenza de diferentes autoridades, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, reivindicou o carácter do espazo como "referencia no eido da cultura, a tecnoloxía e o emprendemento, con máis de 600 persoas traballando a diario nas súas instalacións, unha media anual de case 200 actividades culturais e 400 eventos organizados por empresas, institucións e colectivos sociais nas súas instalacións". Segundo as cifras da Xunta, na súa década de funcionamento organizáronse no complexo preto de 5.000 actividades culturais e eventos e recibíronse case 6 millóns de visitas, unha cifra que inclúe o persoal propio e o das empresas que desenvolven a súa actividade no lugar.

Rodríguez asegurou que con esta primeira década de funcionamento remata unha "fase de consolidación desta potente infraestrutura como ferramenta para o desenvolvemento social, cultural e económico da Comunidade e que arrinca unha nova etapa baseada na expansión para chegar máis lonxe". Entre as actuacións máis inmediatas está a finalización das obras do Edificion Fontán, que acollerá o Centro de Estudos sobre o Patrimonio Cultural.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Román Rodríguez, Tecnoloxía, Gaiás, Santiago de Compostela...