Este 2021 será "o ano de maior actividade expositiva na Cidade da Cultura, no décimo aniversario da súa apertura". Asà o asegurou o conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez durante a presentación do programa de mostras para o complexo do monte Gaiás, en Compostela, este 10 de marzo. Segundo adiantou, celebraranse cinco grandes novas mostras nas instalacións, a contar a xa anunciada Galicia Futura que convida a "imaxinar o noso porvir da man dalgunhas das persoas máis creativas e talentosas de Galicia, nunha atractiva mestura de arte, tecnoloxÃa e pensamento para ollar a través dunha fiestra cara ao mañá que desexamos", segundo explicou RodrÃguez.
Como novidades, o conselleiro adiantou a apertura, xa este 18 de marzo de Os brancos segredos de seu ventre, unha exposición que amosa unha escolma de fondos da Fundación Rosón Arte Contemporáneo, realizada pola comisaria Bea Espejo. No dÃa 26 inaugurarase Faraón. Rei de Exipto, un proxecto da Fundación ”la Caixa” que está a xirar por todo o Estado da man desta entidade bancaria desde o pasado 2020. O proxecto conta con fondos do British Museum.
Para outono o proxecto Castillo, escultor. Ferro, bronce, arxila achegará ao público o traballo do artista Jorge Castillo da man da comisaria Pilar Corredoira, mentres O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra amosará esta ruta de peregrinación a través da fotografÃa.
Canda a isto, RodrÃguez anunciou que a exposición A miradas de Isaac ampliará a súa estadÃa no Gaiás ata o vindeiro 30 de maio.
O programa de exposicións inclúe tamén itinerancias polo paÃs, como a que xa está a desenvolver Galicia, de Nós a nós en Ourense e que tamén se desenvolverán con As miradas de Isaac. Como apoio a este programa continuará a aposta por "tours virtuais, foros en streaming ou o programa didáctico de visitas a través de videoconferencias cos guÃas do Museo" para facilitar o acceso a estas iniciativas.
No marco da Biblioteca e do Arquivo de Galicia están previstas mostras como as xa en marcha de Lolita DÃaz Baliño e Luz Pozo Garza ás que seguirán outras sobre Xela Arias e Emilia Pardo Bazán. Tamén se desenvolverán novas intervencións paisaxÃsticas no complexo, segundo asegurou o conselleiro. Entre estas, as Torres Hejduk acollerán este mesmo mes a proposta O perpetuo tránsito cara ao presente, un traballo de Miguel Moreno arredor da auga e, a partir de agosto En terra firme, que converterá as Hejduk nun faro xacobeo.