O novo conselleiro de Cultura anuncia continuidade no proxecto do Gaiás

Vázquez cifrou en 331.892 os visitantes do complexo en 2011

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

O novo conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, anunciou que continuará o traballo do seu predecesor respecto á Cidade da Cultura. Vázquez fixo o pasado sábado balanzo de actividade do complexo, salientando que o número de visitas recibido en 2011, 331.892, superou as previsións, que apostaban por 300.000. Segundo adianta o Faro de Vigo a Xunta quere conseguir un millón de euros para financiar a actividade do complexo ao longo deste ano, do cal un 77% deberá vir de contribucións privadas.

Vázquez apuntou que se mantén para xuño a data prevista de inauguración do edifico de Servizos Centrais e mais da exposición Gallaecia Petrea. De cara aos vindeiros meses está previsa a celebración do II ciclo Pequeclassics, o Encontro Internacional Economía e Cultura, en febreiro, e o concerto de Björk, previsto para o 22 de xuño.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Xesús Vázquez, Faro de Vigo, Economía...