A Cidade da Cultura reducirá á metade o seu orzamento

O Plan Estratéxico do complexo vencéllao ás industrias culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

O orzamento para o funcionamento da cidade da cultura reducirase á metade, así o anunciou hoxe o conselleiro de cultura, Xesús Vázquez, na presentación do Plan Estratéxico para este complexo de cara aos vindeiros seis anos. Malia a non proporcionar o documento completo, que dará a coñecer o vindeiro martes nunha comparecencia no Parlamento, Vázquez adiantou que o proxecto prevé paralizar construción dos dous edificios pendentes cando menos ata o vindeiro 2018.

Canda a isto Vázquez anunciou importantes mudanzas nos nomes e funcións das partes do complexo xa construídas. Deste xeito, o Museo de Galicia pasará a ser o Museo Centro Gaiás; a Biblioteca de Galicia será a Biblioteca e Arquivo de Galicia, mentres o actual Arquivo transformarase no Centro de Emprendemento Creativo de Galicia. Pola súa banda, o edifico de Servizos Centrais pasará a denominarse Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia.

As mudanzas presentadas hoxe confirman a intención da Xunta de vencellar o complexo ás industrias culturais galegas. De feito, a Axencia Galega das Industrias Culturais pasará a ter a súa sede no Gaiás, e prevese pór en marcha unha incubadora de empresas deste sector con capacidade para setenta novas firmas.

Na súa comparecencia, Vázquez tamén sinalou que a Xunta prevé optar a fondos europeos para financiar o proxecto.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Vázquez, Arquivo de Galicia, Museo Centro Gaiás, Axencia Galega das Industrias Culturais...