A participación empresarial e privada na Cidade da Cultura medrará. O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, confirmaba esta mañá na súa comparecencia ante o Parlamento, a orientación do Plan Estratéxico para o complexo do Gaiás que xa adiantara a pasada semana. Entre outras medidas, Vázquez apuntou que a Xunta reducirá o seu investimento na programación do complexo, cifrada nuns 4 millóns de euros anuais ata á metade. Ingresos por patrocinios e mais polo alugueiro do espazo para congresos, rodaxes e eventos, asà como as venda de mercadotecnia vencellada ao lugar son algunhas das vÃas coas que o goberno agarda completar os custos de programación, aos que se suma a solicitude de fondos europeos do programa FEDER.
Canda a isto, Vázquez confirmou a reorientación do Gaiás cara ás industrias culturais galegas. O traslado da Axencia Galega das Industrias Culturais a este espazo, a creación dun viveiro de empresas no sector e mais a posta en marcha dun Centro de Innovación Cultural son as principais accións neste sentido. O conselleiro vencellou esta reorientación á obtención de fondos europeos para o complexo, e sinalou que se fará da Cidade da Cultura un centro de formación permanente para o sector. O apoio industrial, na forma dunha rede de amigos, e a busca de coordinación entre o sector cultural e o empresarial fan parte das propostas de dinamización económica deste espazo.
Ademais dese vencello industrial, a Xunta pretende tamén facer do Gaiás un atractivo turÃstico de interese internacional e para isto anunciou o desenvolvemento de campañas de promoción. De cara á cidadanÃa, Vázquez apuntou a necesidade de que o gasto na Cidade “sexa percibido pola cidadanÃa como un investimento”. A ese respecto anunciou a creación de zonas verdes no complexo e a integración de actividades deportivas, de ocio ao aire libre e de novas tecnoloxÃas como parte das propostas que se desenvolverán no mesmo. Estas propostas sumaranse ás actuais actividades que se desenvolve no complexo.
Desde a oposición Ana Pontón, do BNG, denunciou a falta de contidos do documento presentado e sinalou a falta de plans de viabilidade e de estudos que sosteñan as medidas propostas. Asimesmo, apuntou que nas previsións da Xunta está triplicar o persoal da fundación, aÃnda que non se contempla no plan un incremento correspondente dos fondos neste sentido. Pola súa banda, desde o PSOE, Concepción Burgo denunciou a minimización do concepto cultura no plan e sinalou a necesidade de que a administración cubra as débedas que ten con empresas do sector. Asimesmo incidiu na escasa asistencia que, ao seu ver, teñen moitos dos eventos que se desenvolven no lugar, ademais de sinalar que o gasto anual da administración vai roldar 9 millóns de euros.