O museo da Catedral de Santiago de Compostela foi visitado por 203.902 persoas en 2018, superando por segundo ano consecutivo os 200.000 visitantes. Deles, máis de 80.000 accederon en grupo e os escolares integraron un numeroso colectivo de 11.000 participantes. Estas cifras pódense poñer en contexto con dous datos. Na memoria de actividades de cultura da Xunta de Galicia indÃcase que a cifra total de visitantes en 2017 dos 13 museos xestionados pola Comunidade Autónoma foi de 347.510 visitantes. A estimación de visitantes ofrecida polo Ministerio de Cultura en Culturabase para os museos galegos en 2016 é de 1.600.000 persoas. AÃnda que non é posible comparar as cifras, os datos parecen apuntar cara a relevancia do museo catedralicio no reparto de visitantes a centros museÃsticos en Galicia.