
Coincidindo coa celebración das xornadas Os museos na sociedade actual , o Observatorio da Cultura Galega realizou unah análise estatÃstica da situación dos museos en Galicia na actualidade. No ano 2010, último periodo para o que se teñen referencias, Galicia non perdeu museos desde o ano 2006, senón que gañou dous máis ata unha cifra de 78. Por temáticas, a oferta museÃstica galega concéntranse en entidades con temáticas das belas artes (16 centros), de etnografÃa e antropoloxÃa (16), seguidos de museos de ámbito histórico ou arqueolóxico (8) entre outros. Estes museos seguiron sumando fondos no bienio 2008-2010.
Sen embargo, o incremento de fondos non valeu para deter a caÃda de visitantes nin a de persoal contratado. En concreto, os museos galegos perderon case 250.000 visitantes entre 2006 e 2010, segundo datos do ministerio de cultura. Sen embargo, obsérvase un aumento “moderado” do hábito de visitar museos por parte dos galegos no último trimestre do bienio 2010-2011, segundo declarou un 25% da poboación, pero nun contexto xeral de perda de visitantes.
Tal caÃda de visitantes pode estar relacionada coa caÃda de persoal. Os museos galegos pasaron de 685 traballadores en 2006 a 623 en 2010, se ben houbo un pequeño repunte desde 2008. Neste sentido, Galicia vai á contra da tendencia española, onde o persoal dos museos foise incrementando de xeito paulatino de 2006 a 2010.