A presentación da Memoria de actividades de Cultura da Xunta de Galicia 2017, que resume os eixos da actividade cultural realizada ou participada o pasado ano desde a Goberno autonómico, serviu para dar a coñecer algúns datos positivos do balance do 2017. En concreto o documento constata incrementos no número de usuarios e melloras nos hábitos culturais no eido das bibliotecas e os museos. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, explicou que os 13 centros museísticos xestionados pola Consellería de Cultura incrementaron en máis dun 12 % o número de visitantes, pasando de 309.644 visitantes en 2016 a 347.510 visitantes en 2017, e destacou a boa saúde da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En concreto, nos dous últimos anos dos que están os datos procesados, os usuarios inscritos na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia pasaron de 853.876, no 2015, a 918.859 no 2016. Isto supón un incremento dun 7,6 %.
Ademais, segundo se recolle tamén nesta Memoria, no ámbito do patrimonio cultural, déronse pasos no 2017 como a incoación BIC da Ribeira Sacra na categoría de paisaxe cultural, ou a inscrición no Rexistro da Memoria do Mundo do Códice Calixtino. Ao igual que en 2017, os grandes ausentes dos orzamentos 2018 están a ser o desenvolvemento da Lei de Patrimonio e as previstas transferencias competenciais a concellos e o apoio aos Plans de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade e no Tecido Económico. Para este ano 2018 as partidas de Cultura dentro da Consellaría crecen nun 8% por cento respecto ao 2017, engaden apenas 5 millóns aos orzamentos dos correspondentes programas, mentres en lingua haberá un 11% a maiores para gastar. O Consello da Cultura Galega recomendaba recentemente a á Xunta, na presentación do informe Diagnose da cultura galega. Datos para unha estratexia cultural no século XXI, un incremento no orzamento en cultura da Xunta congruente coas achegas do sector cultural ao emprego e ao PIB de Galicia, pasando por incrementar o 0,65% do orzamento da actualidade ao 1% do gasto público consolidado "nos próximos catro anos e a un 1,5% nun prazo de dez anos".
Subvencións ás industrias culturais
O director da Agadic destacou que, en paralelo a toda a actividade de promoción cara aos espectadores a través das súas redes de distribución de espectáculos e de proxeccións audiovisuais, o pasado ano continuouse colaborando con diversas iniciativas culturais organizadas por outras entidades públicas ou privadas. Son os casos dos proxectos adxudicatarios das nove liñas do programa subvencións ás industrias culturais, dotado en 2017 cun total de 3.985.000 euros. A través del, contribuíuse economicamente coas programacións de 24 festivais de escena, música e cine; con máis de 600 funcións, concertos e accións de promoción da nosa cultura no exterior, así como coa posta en marcha de 36 proxectos audiovisuais en distintas fases de desenvolvemento e a produción de 31 novos espectáculos. Tamén se cofinanciaron as actividades específicas de cinco salas escénicas de titularidade privada e capacidade reducida.