A catedral de Tui volta á gratuidade

Dosier: Patrimonio eclesiástico

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A experiencia non funcionou e a visita á catedral de Tui volta ser de balde desde comezos deste mes. O bispado aprobara hai uns anos a polémica decisión de cobrar pola visita a este tempo, pero o descenso nas visitas (un 50% este ano a respecto ao anterior), animou aos responsables do templo a revogar esta medida. Agora só será necesario pagar para ver o museo catedralicio, os xardíns e o claustro do edificio. O bispado apuntou que agarda as doazóns voluntarias dos visitantes permitan manter este sitio histórico. Unha nova reviravolta na situación do noso patrimonio eclesiástico, sobre o que podes coñecer máis no noso dosier.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Dosier: Museo do Pobo

Dosier: Museo do Pobo

Entrada de balde e visitas guiadas conmemoran os 36 anos da apertura dun centro de referencia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tui, Catedral, Culturagalega, Barroco...

Claves

Entidades
Lugares