Dosier: Patrimonio eclesiástico

O fiscal superior de Galicia propón unha batería de medidas para protexer estes bens

28/7/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
41 lecturas | Compartido 0 veces

O encontro que mantiveron onte o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, o arcebispo Xulián Barrio e mais o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela deu nunha serie de propostas para protexer o patrimonio eclesiástico. O fiscal presentou na xuntanza o informe Igrexa segura-patrimonio protexido, no que sinala a necesidade elaborar un inventario do arte sacro en mans da igrexa. Ademais, reclama a elaboración dun manual de seguridade básico e a realización en todas as parroquias dun cuestionario de avalición de riscos para os bens que custodian. A formación de párrocos e relixiosos e a colaboración de voluntarios para vixiar este patrimonio son outras das propostas da Fiscalía. Coñece máis sobre o patrimonio eclesiástico no noso dosier.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Roberto Varela, Barroco, Códice Calixtino...