Tres sentenzas castigaron danos contra o patrimonio en 2008

O fiscal superior de Galicia alerta do perigo que corren os nosos bens culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

En 2008 abríronse en Galicia 27 procedementos xudiciais por ataques contra bens do noso patrimonio cultural e ditáronse 8 sentencias, das que tres foron condenatorias. O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, achegou estes datos ás V Xornadas de Protección do Patrimonio Cultural e Arqueolóxico que se celebraron no Museo de Belas Artes da Coruña. Varela denunciou asimesmo que boa parte do noso patrimonio cultural está "en serio perigo" e que hai constancia dun crecemento no emprego de detectores de metais para realizar expolios arqueolóxicos.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O Patrimonio esquecido

O Patrimonio esquecido

A Lista Vermella do Patrimonio denuncia en Galicia varios casos de bens en perigo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Museo de Belas Artes da Coruña, Arqueoloxía