As denuncias por delitos contra o patrimonio redúcense á metade

O Tribunal Superior só tramitou 11 procedementos sobre esta materia en 2010

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

En 2010 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia abriu 11 procedementos xudiciais por delitos contra o patrimonio, 16 menos do que no ano anterior. No mesmo período, no entanto, este órgano abriu 21 dilixencias preprocesais por posibles danos contra bens deste tipo, 11 máis que en 2009. O presidente do TSXG, Carlos Varela, presentaba o pasado venres o resumo das actuacións da sala no pasado ano, salientando que a diminución no número de causas abertas contra os nosos bens culturais está relacionado cunha diminución de denuncias, pero que é difícil saber o número de delitos que se cometen contra o patrimonio. Os espolios en igrexas continúan a ser un dos problemas máis habituais que se tratan neste tipo de causas.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TSXG

Claves

Entidades