A Torre de Hércules acaba de recibir a distinción de Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO. No entanto, non todos os nosos bens culturais están en tan bo estado como para merecer distincións. Agresións, descoidos ou descoñecemento están detrás de diferentes casos de deterioramento do noso patrimonio cultural. O colectivo Hispania Nostra leva unha lista de elementos en perigo a nivel estatal, e recolle un cantos casos no noso paÃs que non adoitan aparecer nos medios.
No Concello de Cesuras, entre os eucaliptos, atópase un edificio ruinoso de formigón. Trátase dun sanatorio concibido orixinalmente para a curación de tuberculosos. Proxectado entre 1922 e 1924 seguindo os planos de Antonio González Villar, este edificio quedou inconcluso e no esquecemento malia a ser unha interesante mostra de arquitectura modernista. Este é un dos elementos que fai parte da Lista Vermella do Patrimonio en Perigo que mantén Hispania Nostra. Segundo explica Carlos Morenés, vicepresidente desta asociación, nada hai máis de trinta anos, “a Lista Vermella é unha lista aberta que aspira a recoller os elementos do Patrimonio arquitectónico, artÃstico e natural español que están sometidos a risco de desaparición, destrución ou alteración esencial dos seus valores”. Para elaborar esta lista, a asociación recorre á súa propia información, a denuncias achegadas por particulares e entidades que despois verifican ou mais atendendo ás novas sobre problemas do patrimonio que aparecen nos medios. No noso paÃs Hispania Nostra ten coma asociacións vencelladas a Asociación Galega para a Cultura e Ecoloxia e máis Amigos dos Pazos.
Os bens esquecidos
Canda ao sanatorio de Cesuras, esta listaxe contempla tamén o Castelo de Pambre. Malia a recoñecer que esta é unha das fortalezas medievais mellor conservadas do paÃs, sufre un certo deterioramento na súa torre principal. Canda ao castelo, os mosteiros ocupan a maior parte dos postos desta lista. Desde aqueles que teñen na actualidade pendentes obras de recuperación como é o de Monfero ata outros, coma o de San Paio, en proceso de derrubamento, o Bon Xesús de Trandeiras, feito xa unha ruÃna, ou o de San Pelaio en Albeos, tamén moi deteriorado. Canda a estes, completa a lista o Forno dos Mouros, un dólmen conservado en Toques no que se conservan algunhas das escasas pinturas murais asociadas a estes monumentos. En boa parte dos bens listados Hispania Nostra apunta a existencia de propostas de recuperación ou de actuacións pendentes da Dirección Xeral de Patrimonio. Por exemplo, no dolmen mentado está a actuar este mesmo verán un equipo de arqueólogos que investigan o contorno do monumento.
A situación galega
Segundo explica Morenés, “non existen estudios nin estatÃsticas sobre a proporción entre o patrimonio conservado e o patrimonio abandonado”, o que dificulta facer comparacións da situación destes bens en distintos territorios. Para a asociación, o feito de ter as autonomÃas competencias exclusivas nesta materia provoca “unha falta xeral de directrices obxectivas e de metodoloxÃa”. Ao tempo, “o coidado e a conservación varÃa notablemente segundo o interese polÃtico, a capacidade económica e a riqueza patrimonial de cada comunidade”. En xeral, segundo explica, “rexen en moitas ocasión criterios electoralistas ou partidistas que desvirtúan a verdadeira natureza do patrimonio”. A falar do noso paÃs, apunta que “Galicia ten un patrimonio abondoso e rico. Iso quere dicir que a súa conservación integral é imposible cos medios con que se conta”. Deste xeito, “unha parte importante está en situación de risco e mesmo de desaparición”. O abandono, as agresións urbanÃsticas ou intervencións non autorizadas son algunhas das ameazas máis comúns para estes bens. A comparar con outras comunidades, o vicepresidente de Hispania Nostra apunta que “comparativamente, AndalucÃa ou Navarra, ou mesmo Castela e León levan unha polÃtica de conservación moito máis avanzada e eficaz que a de Galicia”.
Os problemas do patrimonio
Encol dos problemas máis habituais dos bens patrimoniais, Morenés salienta que “o principal problema é a falta de recursos”. AÃnda que España é o segundo paÃs da UE que máis porcentaxe do seu produto interior bruto inviste en patrimonio, en termos absolutos estase no último posto. A conciencia social sobre esta cuestión é outra pexa destacada para a súa conservación.“Esta falta de valoración correspóndese cunha escasa presión sobre Administración para cumpra as súas obrigas”. Como problemática que está a medrar nas últimas décadas, a presión urbanÃstica provocou a miúdo a degradación do contorno de moitos monumentos. “Tamén está o emprego dos elementos patrimoniais. Non todos os edificios históricos sons susceptibles de se habilitar para un emprego actual. Os que non teñen emprego adoitan quedar postergados á hora de intervir”. Alén destes catro grandes problemas, existe o expolio “moi significativo en Galicia”, segundo este especialista, a falta de mantemento, a contaminación visual, o vandalismo, a falta de inventarios ou mesmo intervencións desacertadas súmanse ás eivas do patrimonio.
Obviamente non todos os bens patrimoniais en risco, nin moito menos, están incluÃdos na lista de Hispania Nostra. Dun xeito ou doutro, todos coñecemos nalgún momento agresións ou casos de degradación que afectan a este tipo de elementos. Para os interesados, o web patrimonio.org, posta en marcha pola Dirección Xeral de Patrimonio, permite denunciar en liña estes casos. A ver se aos poucos a lista vai minguando.