Unha comisión establecerá a valoración económica dos danos ao patrimonio

Cultura e as forzas de seguridade mantiveron unha xuntanza para coordinar a súa actuación

O encontro que mantiveron esta mañá membros das forzas de seguridade en Galicia e da fiscalía con representantes da Dirección Xeral de Patrimonio deu na constitución dunha nova comisión de traballo. Este organismo será o responsable de establecer criterios de valoración para os danos a bens culturais, de xeito que se poida cuantificar con facilidade a contía económica á que corresponde cada agresión. Ao remtar a xuntanza a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e mais o Fiscal Xefe de Galicia, Carlos Varela, explicaron as liñas de coordinación que manteñen os seus departamentos. Ao tempo, adiantaron que o vindeiro mes de novembro haberá unhas xornadas formativas na Academia Galega de Seguridade para que os axentes da Policía Autonómica melloren o seu coñecemento sobre a lexislación que afecta ao patrimonio cultural.