O premio de xornalismo Manuel Reimóndez Portela, organizado pola Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, o Concello da Estrada e a Deputación de Pontevedra foi este ano para a serie Galicia 1981-2021 publicada por praza.gal durante o pasado mes de agosto. Trátase dun conxunto de cinco entrevistas a políticos destacados dos gobernos galegos deste tempo: Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, Fernando Salgado, Pilar Rojo, Teresa Táboas e Agustín Hernández. O premio, dotado con mil euros, premia o mellor traballo xornalístico do ano.
