Xosé Luna Sanmartín gaña o XVIII premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela

Recibe galardón por artigos publicados en noticieirogalego.com

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O profesor Xosé Luna Sanmartín (A Estrada, 1965) é o último gañador dopremio xornalístico Manuel Reimóndez Portela, por cinco artigos de opinión ( (A paixón polos libros, Feira da Construcción, Finalidade suprema da lectura, Fútbol e Literatura e Librerías Paraíso) que publicou no xornal dixital noticieirogalego.com. A entrega do galardón, dotado con 1.000 euros, terá lugar o vindeiro 20 de setembro, no marco da XXVII Feira do Moble de Galicia. O xurado destacou “a frescura e a actualidade dos mesmos, destacando a coherencia temática e o recurso eficaz ao humor e ás anécdotas ben traídas”.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Literatura, Humor, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)