Héitor Picallo faise co premio xornalístico Reimóndez Portela

O galardón recoñece o traballo a prol do galego nos medios de comunicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O XVII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela foi para o escritor Heitor Picallo, en recoñecemento aos seus artigos no Diario de Pontevedra. O galardón, que busca recoñecer a defensa do galego nos medios de comunicación, conta cunha dotación de mil euros, ademais dunha figura e dun diploma conmemorativo. O premio está convocado en colaboración pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada e mais o Concello da Estrada, e entregouse na Feira do Moble que se desenvolve nesta localidade.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Feira, Exposicións, Política Lingüística...